Diante del viu o Señor en pé, que lle dicía: —"Eu son o Señor, Deus de teu pai Abraham e Deus de Isaac. A terra onde estás deitado dareicha para ti e para os teus descendentes.
Eu estarei contigo, gardareite onde queira que te atopes e traereite outra vez a este país. Non te abandonarei, namentres non cumpra o que che teño prometido".
Se non estivese comigo o Deus de meu pai, o Deus de Abraham e Padriño de Isaac, despediríasme en baldeiro. Pero onte á noite Deus fixouse na miña aflición e no esforzo das miñas mans, e fíxome xustiza".
O Deus de teu pai é a túa axuda, o Deus todopoderoso bendí o teu ser con bendicións de arriba, do ceo, con bendicións de abaixo, do abismo, con bendicións de peitos e seo.
e exclamou: —"Señor, Deus de nosos pais, non es Ti o Deus do ceo, o que goberna os reinos da terra, cheo de forza e de poder, a quen ninguén pode resistir?
David viuse, daquela, en gran apuro, pois a xente, aflixida, cada un polos seus fillos e as súas fillas, falaban de apedralo. David atopou conforto no Señor, o seu Deus,