8 A Xacob entroulle moito medo e, estarrecido, dividiu en dous campamentos a súa xente, as ovellas, os bois e os camelos.
Volveron os mensaxeiros e dixéronlle a Xacob: —"Chegamos e atopámonos con teu irmán Esaú. El vén tamén ó teu encontro con catrocentos homes".
Pensaba desta maneira: —"Se Esaú se mete nun campamento e o ataca, salvarase o outro".
Vede que vos mando coma ovellas entre lobos! Así que sede prudentes coma as serpes e sinxelos coma as pombas.