Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 32:7 - Biblia SEPT

7 Volveron os mensaxeiros e dixéronlle a Xacob: —"Chegamos e atopámonos con teu irmán Esaú. El vén tamén ó teu encontro con catrocentos homes".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 32:7
22 Iomraidhean Croise  

Son indigno de tantos favores e da grande lealdade con que ti trataches o teu servo. Con só o meu caxato pasei este Xordán, e gora traio dous campamentos.


e, en véndoos, exclamou: —"Campamento de Deus é este". E púxolle a aquel lugar o nome de Mahanaim.


A Xacob entroulle moito medo e, estarrecido, dividiu en dous campamentos a súa xente, as ovellas, os bois e os camelos.


Xacob ergueu os ollos e viu vir a Esaú con catrocentos homes. El repartiu os nenos entre Lea, Raquel e as dúas servas.


Imos subir a Betel, para levantar alí un altar ó Deus que me gardou cando eu andaba apurado, e que estivo comigo na viaxe que fixen".


No apuro clamaron ó Señor e El librounos da aflición.


Benia quen se apiada e presta, e goberna os seus bens con xustiza.


Cando o espírito se me encolle, ti coñeces os meus vieiros. No camiño por onde vou téñenme postas trampas.


Esquécense de min, coma dun morto; eu son coma un cacharro que non serve.


Escoita, Deus, a miña súplica, atende a miña oración.


Cando o faraón se aproximaba, ergueron os israelitas a súa vista e viron ós exipcios que corrían tras deles. E, cheos de medo, clamaron cara ó Señor.


A discreción velará sobre ti, gardarate o discernimento,


O seu Deus instrúeo, ensínao como é debido.


Vede que vos mando coma ovellas entre lobos! Así que sede prudentes coma as serpes e sinxelos coma as pombas.


El díxolles: Por que vos acovardades, homes de pouca fe? E poñéndose de pé increpou os ventos e mais o mar, e veu unha grande calma.


Díxenvos estas cousas para que teñades paz grazas a min. No mundo haberedes ter apertos; pero tede ánimo: eu vencín o mundo.


enfortecendo o espírito dos discípulos e animándoos a perseveraren na fe, porque dicíanlles temos de pasar por moitos traballos, para entrarmos no Reino de Deus.


El anímanos en todas as nosas mágoas, de xeito que poidamos nós animar os outros en calquera aflición, no consolo que recibimos de Deus.


E tódolos que queiran vivir coma bos cristiáns padecerán persecución.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan