Son indigno de tantos favores e da grande lealdade con que ti trataches o teu servo. Con só o meu caxato pasei este Xordán, e gora traio dous campamentos.
E dixo ela: —"Atope eu benquerenza ós teus ollos, meu señor, pois me confortaches e porque falaches ó corazón da túa serva, sen ser eu sequera unha das túas criadas".
E dixo Rut, a moabita, a Noemí: —"Déixame ir ó campo, apañar as espigas detrás daquel en quen hei de atopar benquerenza". E respondeulle ela: —"Vai, miña filla!"