Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 32:4 - Biblia SEPT

4 Xacob mandou por diante mensaxeiros a seu irmán Esaú, no país de Seir nos campos de Edom.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 32:4
23 Iomraidhean Croise  

—"Escóitanos, señor: ti es para nós un príncipe de Deus. Enterra a túa finada no mellor dos nosos sepulcros. Ninguén de entre nós che negaría o seu sepulcro para que a enterres nel".


Esaú pediulle a Xacob: —"Dáme a comer esa cousa vermella, pois estou esgotado". (Por iso lle puxeron o nome de Edom).


Que te sirvan os pobos e te respecten as nacións. Se señor de teus irmáns e que te respecten os fillos de túa nai. Maldito o que te maldiga, bendito o que te bendiga".


Respondeulle Isaac: —"Fíxeno señor teu, deille por servos os irmáns, concedinlle trigo e viño, que podo facer por ti agora, meu fillo?"


Dos vinte anos que levo na túa casa, catorce servinte polas túas dúas fillas e seis polos teus fatos, e ti cambiáchesme dez veces a soldada.


O primeiro mandoulle: —"Cando te encontres con meu irmán Esaú e el che pregunte: De quen es ti, a onde vas, para quen é iso que levas?, ti diraslle:


Encargoulles que lle dixesen a Esaú: —"Meu señor, isto di Xacob o teu servidor: Estiven vivindo con Labán e demoreime ata agora.


Que o meu señor pase diante do seu servo. Eu seguireino pouco a pouco. O paso da caravana que camiña en cabeza e ó paso dos nenos, ata que cheguemos a Seir, onda o meu señor". Esaú dixo:


Preguntou Esaú: —"Que pretendes con esa caravana que vin encontrando?" Respondeu el: —"Merecer o favor do meu señor".


Esaú asentou na montaña de Seir. Esaú é Edom.


Esta é a historia de Esaú, pai de Edom, na montaña de Seir.


Se fas o ben, poderás levala ergueita. Se non o fas, xa o pecado rolda á túa porta, estate axexando. Pero ti pódelo dominar".


Cinguíronse sacos ó van e cordas ó pescozo, e presentáronse ó rei de Israel, dicindo: —"O teu servo Benhadad pídeche: por favor, perdóame a vida". El preguntou: —"Vive aínda? É meu irmán".


Respondeulle Aharón: —"Que non se anoxe o meu señor. Ti sabes que este pobo é inclinado ó mal.


Unha resposta doce alonga a cólera, unha verba ferinte acende a ira.


Tendo paciencia persuádese a un príncipe, pois unha lingua suave quebra ósos.


obra deste xeito, meu fillo, e ponte a salvo xa que caíches na man do teu veciño: vai, humíllate e importúnao,


Se a xenreira do que manda se dirixe contra ti, non deixes o teu posto, xa que: "A mansedume sanda grandes erros".


Oráculo sobre Dumah. Alguén berra por min desde Seir: "Sentinela, que tal a noite? Sentinela, que tal a noite?".


Porque a quen se ten por moito, hano rebaixar e a quen se rebaixe hano enaltecer.


Así obedeceu Sara a Abraham, chamándolle "o meu dono". Vós, se facedes o ben e non vos atemorizades por ningunha alarma, é porque xa vos fixestes fillas de Sara.


Señor: cando saíches de Seir, no teu avanzar desde o campo de Edom, a terra tremeu; tamén os ceos zumegaron; mesmo as nubes deitaron auga;


Xaúl recoñeceu a voz de David e preguntoulle: —"David, meu fillo, é esa a túa voz?" E el respondeulle: —"A mesma, rei, meu señor".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan