Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 32:3 - Biblia SEPT

3 e, en véndoos, exclamou: —"Campamento de Deus é este". E púxolle a aquel lugar o nome de Mahanaim.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 32:3
23 Iomraidhean Croise  

e ós hurritas nos montes de Seir, ata El-Parán, á beira do deserto.


Esaú pediulle a Xacob: —"Dáme a comer esa cousa vermella, pois estou esgotado". (Por iso lle puxeron o nome de Edom).


Son indigno de tantos favores e da grande lealdade con que ti trataches o teu servo. Con só o meu caxato pasei este Xordán, e gora traio dous campamentos.


Volveron os mensaxeiros e dixéronlle a Xacob: —"Chegamos e atopámonos con teu irmán Esaú. El vén tamén ó teu encontro con catrocentos homes".


Que o meu señor pase diante do seu servo. Eu seguireino pouco a pouco. O paso da caravana que camiña en cabeza e ó paso dos nenos, ata que cheguemos a Seir, onda o meu señor". Esaú dixo:


Esaú emprendeu a viaxe de volta para Seir,


Pero Abner, fillo de Ner, xeneral de Xaúl, colleu a Ixbóxet, fillo de Xaúl, levouno a Mahanaim


Eliseo rezou: —"Señor, ábrelle os ollos para que vexa". E o Señor abriu os ollos do criado, e este viu o monte cuberto de cabalos e de carros de lume, que cercaban a Eliseo.


Día a día chegaban xentes a unirse a David, ata que deu en ter un gran exército, coma un exército de Deus.


—Vira, vira, Xulamita! Vira, vira, que te estamos a ollar! —Que estades a ollar para a Xulamita cando se pon a bailar na regueifa?


Oráculo sobre Dumah. Alguén berra por min desde Seir: "Sentinela, que tal a noite? Sentinela, que tal a noite?".


Acerca de Edom, así fala o Señor dos Exércitos: —Xa non hai sabedoría en Temán? Faltoulles ós intelixentes o consello? Corrompeuse a súa sabedoría?


Velaí: eu envío o meu mensaxeiro, para que limpe o camiño diante de min. Nun momento entrará no seu santuario o Señor a quen vós estades buscando, o mensaxeiro da Alianza, a quen vos lle tendes amor: vede que chega —fala o Señor dos Exércitos—.


Edom vaise empobrecendo, e empobrécese Seir, o seu inimigo, mentres Israel fai prodixios.


Mandou mensaxeiros por diante. Entrando estes nunha aldea de samaritanos, para lle prepararen pousada,


Para viren desde o Horeb ata Cadex Barnea pola serra de Seir cumpríronlles once días.


Foi o mesmo que fixo o Señor en favor dos fillos de Esaú, que viven en Seir, pois o Señor fixo desaparecer de diante dos fillos de Esaú ós hurritas, que os desposuíron e se estableceron no sitio ata o día de hoxe.


de metervos con eles, xa que da súa terra non vos vou dar a vós nin sequera a pisada da planta do pé, senón que os montes de Seir deillos en herdanza a Esaú.


desde Mahanaim todo o Baxán, todo o reino de Og, rei do Baxán, e todos os lugares de Iaor que hai no Baxán: sesenta pobos.


E a Isaac deille a Xacob e mais Esaú. A Esaú deille en herdanza a montaña de Seir, namentres que Xacob e seus fillos baixaron a Exipto.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan