11 Son indigno de tantos favores e da grande lealdade con que ti trataches o teu servo. Con só o meu caxato pasei este Xordán, e gora traio dous campamentos.
—"Bendito sexa o Señor, Deus do meu amo Abraham, que non lle negou ó meu amo o seu amor e a súa fidelidade. El foi quen me guiou no meu camiño, ata a casa dos seus parentes".
Esaú quedou aborrecendo a Xacob por causa da bendición que lle dera seu pai. E pensaba: —"O tempo do loito por meu pai xa se aveciña. Entón matarei a meu irmán".
Faláronlle a Rebeca das intencións de Esaú, seu fillo maior, e mandou chamar ó fillo máis novo, a Xacob, para dicirlle: —"Mira que teu irmán pensa vingarse e matarte.
un clamor levántase contra a fortaleza e todos os teus fortes son arrasados, o mesmo que Xalmán arrasou a Bet-Arbel, o día da batalla, cando estrelaron a nai contra os seus fillos.
Se atopas un niño de paxaros diante de ti no camiño, en calquera árbore ou no chan, con paxariños ou con ovos, e a nai está acochada sobre os paxariños ou sobre os ovos, non collerás a nai que está sobre os seus fillos.
Entón berraron cara ó Señor e confesaron: Pecamos deixando ó Señor e servindo ós Baales e ás Axtartés. Agora líbranos da man dos nosos inimigos e servirémoste a ti.