Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 32:10 - Biblia SEPT

10 E Xacob fixo esta oración: —"Deus de meu pai Abraham, Deus de meu pai Isaac, Señor que me dixeches: Volta á patria onde naciches: eu farei que che vaia ben.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 32:10
33 Iomraidhean Croise  

Abraham insistiu: —"Perdoa o atrevemento de lle falar ó meu Señor, sendo eu po e cinsa.


El pregou entón deste xeito: —"Señor, Deus do meu amo Abraham, ven hoxe ó meu encontro e trátao a el con amor.


—"Bendito sexa o Señor, Deus do meu amo Abraham, que non lle negou ó meu amo o seu amor e a súa fidelidade. El foi quen me guiou no meu camiño, ata a casa dos seus parentes".


Diante del viu o Señor en pé, que lle dicía: —"Eu son o Señor, Deus de teu pai Abraham e Deus de Isaac. A terra onde estás deitado dareicha para ti e para os teus descendentes.


Eu estarei contigo, gardareite onde queira que te atopes e traereite outra vez a este país. Non te abandonarei, namentres non cumpra o que che teño prometido".


Xacob fíxose moi rico. Chegou a ter moita facenda, servos, servas, camelos e asnos.


O Señor díxolle a Xacob: —"Volve á terra de teus pais, á túa patria. Eu estarei contigo".


Encargoulles que lle dixesen a Esaú: —"Meu señor, isto di Xacob o teu servidor: Estiven vivindo con Labán e demoreime ata agora.


Volveron os mensaxeiros e dixéronlle a Xacob: —"Chegamos e atopámonos con teu irmán Esaú. El vén tamén ó teu encontro con catrocentos homes".


Namentres David chegaba a Mahanaim, Abxalom atravesaba o Xordán con todos os homes de Israel.


Entón o rei David presentouse ó Señor e dixo: —"Quen son eu, meu Señor Iavé, e quen é a miña familia, para que me fagas chegar ata aquí?


Pero quen ten razón mantense na súa conduta e o de mans limpas colle folgos.


Daquela os teus comezos semellarán pequenos e o teu futuro medrará abondo.


Eu dígolle ó Señor: —"Ti es o meu dono, só ti es o meu ben".


Adestra as miñas mans para a loita e os meus brazos para tensar o arco de bronce.


Os días do rei engádelle días, que dure por longas xeracións;


que é o home, para que o lembres, o fillo do home, para que del te ocupes?


O pasaren polo val árido, trócano en oasis e a chuvia primeira cóbreo de bens.


A salvación está xa preto dos que o temen, a súa gloria habitará na nosa terra.


Nembargantes o vieiro dos xustos é coma a luz do abrente e vai medrando ata o pleno día;


Eu dixen: "Ai de min! Estou perdido! Pois sendo un home de labios lixados, e que vive entre un pobo de labios lixados, vin cos meus ollos o mesmo Rei, o Señor dos Exércitos".


Voume lembrar dos favores do Señor, das loanzas do Señor: Velaí toda a débeda que nos pagou o Señor, si, un montón de bens para a casa de Xacob, que El nos concedeu segundo a súa misericordia, segundo a abundancia dos seus favores.


Dálle a Xacob probas de fidelidade, a Abraham probas de amor: así llelo xuraches ós nosos pais desde os tempos antigos.


Así tamén vós, cando fagades todo o que se vos mande, dicide: "Somos simples servidores: total, non fixemos máis do que tiñamos que facer".


Vendo isto, Simón Pedro botóuselle ós pés a Xesús, dicindo: Señor, arreda de min, que eu son un pecador.


Sei que acabo de falar aloucadamente: pero fostes vós os que me forzastes a iso. Era eu quen debía ser acreditado por vós, pois, aínda que eu non sexa ninguén, en nada fun menos do que eses super-apóstolos.


Lémbrate máis ben do Señor, o teu Deus, que El é quen che dá a forza para producires a prosperidade, se mantés en pé a súa alianza, a que lles prometeu con xuramento a teus pais, o mesmo que fai hoxe.


Tamén os mozos habedes ser ben guiados cos responsables. No trato cos demais revestídevos todos vós dun pensar humilde, porque Deus oponse ós soberbios, pero concédelles a graza ós humildes.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan