e díxolle a Abram: —"Xa ves que o Señor non me deixa ter fillos. Achégate á miña serva, a ver se por ela teño un fillo". Abram fixo caso da proposta de Sarai.
Cando o rei de Israel leu esta carta, rachou as súas vestiduras exclamou: —"Seica son eu un deus, con poder de dar a morte ou a vida, para que ese me mande dicir que sande un home da lepra? Fixádevos ben e veredes que me está provocando".
Pero eu dígovos: Todo o que se enrabeche co seu irmán será reo ante o tribunal; quen o alcume será reo ante o Sanedrín; e quen o aldraxe será reo do lume do inferno.
E botándolles unha ollada, chea de carraxe e tristura, debido á dureza dos seus corazóns, díxolle ó enfermo: Estende a túa man. El estendeuna, e a man curou.