14 Na época da sega do trigo saíu Rubén ó agro. Atopou unhas mandrágoras e levoullas a Lea, súa nai. Raquel díxolle a Lea: —"Dáme desas mandrágoras que trouxo o teu fillo".
e nas viñas habemos de espertar; veremos se xa xermola a vide, se xa agroman as flores e están a abrochar os granados; alí hei darche os meus agarimos.
Respondeulle Lea: —"Quizais che parece pouco quitarme o meu home, que queres tamén as mandrágoras de meu fillo?" Díxolle Raquel: —"Ben: que durma contigo esta noite, en troque das mandrágoras".
A tardiña, ó volver Xacob do campo, saíulle Lea ó encontro e díxolle: —"Achégate a min, pois adquirín o dereito a ti polas mandrágoras de meu fillo". E Xacob deitouse con ela aquela noite.