Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 30:1 - Biblia SEPT

1 Vendo Raquel que non lle podía dar fillos a Xacob e, celosa da súa irmá, díxolle ó seu home Xacob: —"Dáme fillos, ou morro".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 30:1
26 Iomraidhean Croise  

Visto que Lea era aborrecida, o Señor fixo fecundo o seu ventre, mentres Raquel era estéril.


Os irmáns tíñanlle envexa, pero seu pai gardaba a cousa nos adentros.


El seguiu polo deserto, un día de camiño. Alí foi sentar debaixo dunha xesta, e pediu a morte, dicindo: —"Xa chega, Señor. Quítame a vida, pois non vallo eu máis cós meus pais".


Quen é o que quere preitear comigo? Pois calar agora sería morrer.


Por que non morrín eu fóra do seo, ó saír do útero non expirei?


Pois é a carraxe a que mata ó tolo e a envexa a que dá morte ó parvo.


Envexaron a Moisés no campamento e a Aharón, consagrado ó Señor.


Animo temperado, saúde no corpo; a envexa corroe os ósos.


O Xeol, o seo estéril, terra non farta de auga, lume que xamais non di: — "abonda".


Teño observado que o traballo todo e toda empresa nace da competencia dos uns cos outros. Iso tamén é efémero e papar ventos:


Se ti me tratas a min así, é mellor que me mates, tírame a vida, pídocho de favor, se atopei graza ós teus ollos, para que deste modo non vexa eu tanto mal".


Mais Moisés respondeulle: —"Tes celos por min? Quen dera que todo o pobo do Señor fosen profetas, e que o Señor lles dese o seu espírito!"


Entón deixou a Xudea e partiu outra vez para Galilea.


(Os seus discípulos foran á vila, mercar comida).


porque aínda sodes "carnais" Ou non é certo que sodes "carnais" e que vos portades dun xeito simplemente humano, se entre vós hai rivalidade e discordia?


Pois unha tristeza segundo criterios de Deus produce un arrepentimento para a salvación, sen volta atrás; mentres que a tristeza por motivos mundanos produce a morte.


envexas, bebedelas, enchentes e cousas polo estilo. Xa vos avisei ben avisados de que non herdarán o Reino de Deus os que tal fagan.


Noutrora fomos tamén nós toleiráns, rebeldes, extraviados, escravos de moitas cobizas e praceres, vivindo na maldade, na envexa, odiados e cheos de odio uns para os outros.


Pero, se tedes o corazón cheo de celos acedos e de liortas, deixádevos de fachendas e non andedes mentindo contra a verdade;


Ou é que coidades que a Escritura di sen razón aquilo de que "o Espírito que puxo en nós ten arelas fortes"?


ela, coa alma chea de tristura, rezáballe ó Señor, chorando a todo chorar.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan