Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 3:6 - Biblia SEPT

6 A muller reparou que o froito da árbore era saboroso, atraente, e bo para adquirir entendemento. E coa mesma colleu do froito e comeu; logo deulle ó seu home, e tamén el comeu.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 3:6
19 Iomraidhean Croise  

Respondeulle o home: —"A muller que me deches por compañeira ofreceume do froito, e comín".


O home díxolle: —"Porque lle fixeches caso á túa muller, comendo do froito da árbore que che prohibira comer, por culpa túa será maldita a terra: con traballos tirarás dela a túa mantenza mentres vivas.


Despois de certo tempo, a muller de Potifar pousou os ollos en Xosé e propúxolle: —"Déitate comigo".


En vendo os fillos de Deus que as fillas dos homes eran belas, tomaron de entre elas mulleres, como ben lles parecía.


Unha tarde, ó erguerse do leito, púxose David a pasear pola terraza do pazo, e viu desde alí unha muller que se estaba bañando, unha muller, por certo, moi fermosa.


O home de Deus foise con el, e comeu e bebeu na súa casa.


Cos meus ollos fixen trato de non andar fitando as mozas.


—Fillo de Adam, velaí, vouche arrebatar de repente a alegría dos teus ollos. Non fagas dó nin chores e que non che veñan as bágoas.


Dille á Casa de Israel: isto di o meu Señor, Iavé: —Sabede que eu vou profanar o meu santuario, o orgullo da vosa cidadela, a alegría dos vosos ollos, e instrumento de expiación polas vosas vidas. Os fillos e as fillas que deixastes caerán pola espada.


E ti, fillo de Adam, o día que eu lles arrebate a súa fortaleza, a alegría da súa gloria, a ledicia dos seus ollos, e o rexurdir das súas vidas, os seus fillos e as súas fillas,


Pero velaí: pisaron coma a terra a miña Alianza, e traizoáronme.


Pois eu dígovos: Todo aquel que mira a unha muller casada con desexo, xa cometeu adulterio no seu corazón.


E a Adam non o enganaron, senón que a muller se deixou enganar e caeu no pecado.


vin nos despoxos un bo manto de Xinar, douscentos siclos de prata e mais un lingote de ouro de cincuenta siclos de peso. Cobiceinos e collinos. Están agachados en terra, no medio da miña tenda, cos cartos por debaixo".


Porque todo o que hai no mundo as inclinacións ó mal, os ollos que endexamais nunca se enchen e o orgullo que dá ter moitos cartos non vén do Pai, senón que vén do mundo.


E ela chorou diante del os sete días que durou a festa. E aconteceu que no día sétimo lla desvelou, porque se poñía pesada, e entón ela desvelóullela ós fillos do seu pobo.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan