Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 3:5 - Biblia SEPT

5 É que Deus sabe ben que o día en que comades dela, se vos abrirán os ollos e seredes coma Deus, sabedores do ben e do mal".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 3:5
31 Iomraidhean Croise  

pero da árbore do coñecemento do ben e do mal non comerás, pois en canto comas dela de certo morrerás".


Fixo xermolar da terra árbores fermosas para a vista e boas para comer, e entre elas a árbore da vida e a árbore do coñecemento do ben e do mal.


Respondeu o home: —"Oínte no xardín, e tiven medo. O verme espido, agacheime".


Logo o Señor pensou: —"Agora que o home veu ser coma un de nós, en canto a coñecer o ben e o mal, non vaia ser que tenda a man, colla tamén da árbore da vida, coma do froito, e viva sempre".


Entón abríronselles os ollos ós dous e decatáronse de que estaban espidos. Entrelazaron follas de figueira e cinguíronse con elas.


O rei de Israel reuniu os profetas, arredor de catrocentos, e preguntoulles: —"Debo atacar Ramot de Galaad ou debo desistir?" Respondéronlle eles: —"Vai. O Señor entregaraa nas mans do rei".


Non vos deixedes enganar e seducir por Ezequías. Non confiedes nel. Ningún deus de ningunha nación ou reino puido librar o seu pobo da miña man e da dos meus antepasados. E vaivos poder librar o voso Deus!"


Arrinque o Señor todos os labios aloumiñeiros e as linguas arrogantes dos que din:


Non pronunciarás en van o nome do Señor o teu Deus, pois o Señor non deixa sen castigo ó que pronuncia en van o seu nome.


Respondeulles o faraón: —"E quen é Iavé, para que eu o obedeza e deixe saír a Israel? Non coñezo a Iavé, e non deixarei saír a Israel".


subirei ó máis alto das nubes, asemellareime ó Altísimo.


Por aflixirdes o corazón do xusto con mentiras, sen que eu o aflixa; e por apreixardes forte as mans do impío, para que non se retire do seu mal comportamento e deste xeito poida vivir;


—Fillo de Adam, entoa unha elexía sobre o rei de Tiro: Así fala o meu Señor, Iavé: —Ti es a serpente da perfección, cheo de sabedoría, e perfecto en fermosura;


Fillo de Adam, dille ó príncipe de Tiro: Así fala o meu Señor, Iavé: Dado que se ensoberbeceu o teu corazón e pensaches: "Son un deus, estou sentado nun trono de deuses no corazón do mar", sendo ti un home, non un deus; aínda que ti pensaches que tiñas unha sabedoría coma a dos deuses.


Aínda te atreverás a dicir: "Eu son un deus" na presenza dos que te van matar? Pois ti es un home, non un deus, nas mans dos que te van acoitelar.


Fala e dille: Así fala o meu Señor, Iavé: —Velaí, eu estou contra ti, Faraón, rei de Exipto, grande monstro, deitado entre as canles do Nilo, que di: "De min sae o meu Nilo, e eu prodúzoo para min".


pero se o teu ollo está malo, todo o teu corpo estará na escuridade. E se a luz que hai en ti é escuridade, canta escuridade!


para que lles abras os ollos a fin de que volvan das tebras á luz e do poder de Satán a Deus e, pola fe en min, reciban o perdón dos pecados e mais a herdade entre os santos".


Temo que, así como a serpe seduciu a Eva coa súa astucia, así tamén se trastornen os vosos criterios, arredándovos da sinceridade que lle debedes a Cristo.


pola súa incredulidade o deus deste mundo cegoulles o entendemento para que non vexan o esplendor do Evanxeo da gloria de Cristo, que é imaxe de Deus.


Aquel que se opón e se levanta contra todo o que se chame Deus ou que sexa digno de culto, ata chegar a sentarse el no templo de Deus, proclamando que el mesmo é Deus.


Descamiña os habitantes da terra cos milagres que se lle permitiron facer diante da besta, dicíndolles que fagan imaxes en honor da besta, que tiña a ferida da espada pero recobrara a vida.


e adorou o dragón, que tal poder lle dera á besta, dicindo: "Quen será coma a besta e quen poderá facer guerra en contra dela?".


(soamente para aprendizaxe das xeracións dos fillos de Israel, para ensinarlles a facer a guerra, polo menos ós que non a coñecían antes):


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan