Elías díxolle: —"Isto di o Señor: mandaches mensaxeiros consultar a Baal—Zebub, deus de Ecrón, coma se non houbese Deus en Israel, para consultar a súa palabra. Por iso, do leito ó que subiches, non volverás baixar, pois morrerás sen remedio".
Respondéronlle eles: —"Saíunos ó paso un home, que nos dixo: volvede onda o rei que vos mandou e dicídelle: isto di o Señor: Seica non hai Deus en Israel, para que teñas que mandar consultar a Baal—Zebub, deus de Ecrón? Por iso, do leito ó que subiches, non volverás baixar. Morrerás sen remedio".
Vós sodes de voso pai o Satán, e queredes realizar os desexos de voso pai. Este foi asasino desde o comezo e non afincou na verdade, que nel non hai verdade. Se fala falsidade, fala do seu, pois é mentireiro e pai da mentira.
Temo que, así como a serpe seduciu a Eva coa súa astucia, así tamén se trastornen os vosos criterios, arredándovos da sinceridade que lle debedes a Cristo.
A ese o Señor non lle quererá perdoar; entón si que se acenderá a ira do Señor e o seu celo contra ese home, e caerán sobre el todas as maldicións escritas neste libro e o Señor fará desaparecer o seu nome de debaixo do ceo.