19 Comerar o pan coa túa suor, ata que volvas á terra da que fuches tirado. De feito, ti es po e ó po tes que volver".
Abraham insistiu: —"Perdoa o atrevemento de lle falar ó meu Señor, sendo eu po e cinsa.
e o Señor Deus formou un home do po da terra, soproulle no nariz o alento da vida e tornouse o home persoa viva.
—"Eu son un forasteiro, que reside entre vós. Dádeme aquí un sepulcro en propiedade, para enterrar nel á miña finada".
Producirache silvas e abrollos, e terás que comer herbas silvestres.
Por xunto viviu Adam novecentos trinta anos, e logo morreu.
—"Espido saín do seo da miña nai e espido a el hei de tornar. Iavé deu, Iavé quitou: bendito sexa o nome de Iavé!"
Lémbrate que me moldeaches de arxila e que me has tornar ó po!
despois de ter esgazada a miña pel, aínda sen carnes hei ver a Deus.
e xuntos déitanos na mesma cinsa, cóbrenos ós dous os vermes.
Afogarían todos os viventes e o ser humano volvería ó po.
canto máis nos que moran en casopas de lama e que teñen no po os seus fundamentos, que se poden esmagar coma a traza!
El sabe de que estamos feitos, recorda que somos lama.
Entón sae o home ó seu traballo, ó seu labor, ata o serán.
Escondes o teu rostro, e estremecen; retiras o teu alento, e expiran, volvendo ó seu po.
En balde vós madrugades e tardades en deitarvos: comedes pan de traballos, cando el llelo dá ós seus amigos mentres dormen.
Son coma auga que se verte, teño todos os ósos esnogados; o meu corazón, coma cera, derrétese nas miñas entrañas.
Abofé, o reino é do Señor, e El goberna as nacións.
Ti podes volver en po os mortais, con dicirlles:— "Fóra, homes".
Quen desvía do vieiro da prudencia, rematará na compaña dos mortos
e propúxenme pescudar e investigar aleuto todo canto acontece baixo o sol: dura tarefa que Deus lles impón ós humanos para que nela se afanen.
Que proveito tira o home de todas as angueiras polas que traballa baixo o sol?
e torne o po á terra que antes era, e volva o espírito cara a Deus, que o deu.
Todos van dar no mesmo lugar: "Todos veñen do po; todos tornan ó po".
Tamén esa é cativa sorte, o terse de ir como se veu. Que vantaxe tirou do seu traballar para o vento?
O primeiro home, saído da terra, era terrestre; o segundo home veu do ceo.
O que antes roubaba, que non roube máis e que se esforce en traballar honradamente coas súas mans, para poder compartir co necesitado.
Acordaravos, irmáns, o noso esforzo e fatiga: traballando noite e día, por non sermos unha carga para ningún de vós. Así foi como vos predicamos o Evanxeo de Deus.
e porque, cando estabamos onda vós, xa vos demos esta norma: o que non queira traballar, que tampouco non coma.
O mesmo que o destino de todo home é morrer unha vez só e, despois xa da morte, vén o xuízo,