Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 3:17 - Biblia SEPT

17 O home díxolle: —"Porque lle fixeches caso á túa muller, comendo do froito da árbore que che prohibira comer, por culpa túa será maldita a terra: con traballos tirarás dela a túa mantenza mentres vivas.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 3:17
28 Iomraidhean Croise  

Púxolle o nome de Noé, esperando: Este hanos aliviar dos traballos e angueiras que por culpa da maldición do Señor nos causa a terra.


Díxenvos estas cousas para que teñades paz grazas a min. No mundo haberedes ter apertos; pero tede ánimo: eu vencín o mundo.


En balde vós madrugades e tardades en deitarvos: comedes pan de traballos, cando el llelo dá ós seus amigos mentres dormen.


Velaí, por tanto, o que eu considero o mellor: o que ten conta é comer e beber e gozar da felicidade co que se gañou fatigándose baixo o sol, nos días contados que lle concede Deus a un. Pois tal é a súa herdanza.


O home, nado de muller, curto de días, farto de inquedanzas,


Ora, sabemos que canto se di na Lei se refire ós que están baixo a Lei: para que toda boca quede pechada, e todo o mundo quede convicto ante Deus.


Cantas veces se lle apaga a candea ó impío? Cantas veces dá neles o malvado ou lles reparte Deus dores na súa ira


El contestoulle: "As túas palabras condénante, criado inútil. Así que ti sabías que son home esixente, que collo o que non poño, e sego o que non semento.


El responderalles: "Asegúrovos que canto deixastes de facerlle a un destes máis pequenos, deixastes de mo facer a min.


Cheguei así a odiar a vida, pois pareceume mal todo canto acontece baixo o sol, xa que todo é efémero e puro papar ventos.


Voltei entón os ollos para as obras que fixeron as miñas mans e para o traballo que me custara realizalas, e velaquí que todo fora un sopro e papar ventos, e que nada hai de proveitoso baixo o sol.


Preguntoulle o Señor Deus: —"Quen che dixo que estabas espido? É que comiches da árbore da que che prohibira comer?"


A muller reparou que o froito da árbore era saboroso, atraente, e bo para adquirir entendemento. E coa mesma colleu do froito e comeu; logo deulle ó seu home, e tamén el comeu.


e díxolle: "Amigo, como entraches aquí sen traxe de voda?" El ficou caladiño:


pero, se non bota máis ca espiños e cardos, entón non serve: está a piques de ser maldita e acabará na queima.


Producirache silvas e abrollos, e terás que comer herbas silvestres.


Agradoulle ó Señor o recendo e decidiu: —"Non maldicirei a terra outra vez por mor dos homes, por máis que a súa inclinación tenda cara ó mal desde a súa mocidade. Non ferirei outra vez a todos os seres vivos, como acabo de facer.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan