Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 3:16 - Biblia SEPT

16 A muller díxolle:"Terás moitos afáns na túa preñez, parirás con dor os fillos. Devecerás polo teu home, e el dominarate".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 3:16
30 Iomraidhean Croise  

Se fas o ben, poderás levala ergueita. Se non o fas, xa o pecado rolda á túa porta, estate axexando. Pero ti pódelo dominar".


Iabés foi o máis ilustre dos irmáns. Súa nai deulle o nome de Iabés dicindo: —"Por—que o parín con dor".


mais, ó vela, admiráronse, turbáronse, fuxiron asustados.


Todos quedarán estarrecidos. Angustias e dores posúenos, como as dores da muller que se retorce no parto! Cada un horrorízase do seu compañeiro: as caras de ambos volveranse coma o lume.


Por isto os meus riles retórcense de angustia, apértanme dores coma as da parturiente. Retórzome polo que vin, estou estarrecido polo que oín.


Polos traballos da súa vida verá a luz, alcanzará a sabedoría. O Xusto volverá xusto o seu Servo para o ben de moitos e as iniquidades destes el soportará.


Que dirás cando che pidan contas das túas débedas? Ti xa lles ensinaches a túa débeda: dúas mil moedas por cabeza. Acaso non che van quitar os rabaños? Como é que te desesperas por culpa da débeda?


Eu habito no Líbano, eu teño o niño nos cedros: como aguantarás cando che veñan as dores e o retorcéreste coma no parto?


Xa houbo berros coma de quen se retorce no parto, angustias coma dunha primípara; é o grito da filla de Sión que xeme, é ela quen estende as súas mans: "Ai de min, xa non teño forzas! Ai da miña vida, que me matan!"


Quedou sen forzas Damasco, dá volta para escapar, o terror apodérase del, angustias e dores apodéranse del coma dunha muller en parto.


—O escoitar a grande sona deste pobo, estremecen as nosas mans, apértanos a anguria, unha dor coma de muller no parto.


Con todo, se o seu marido, o día no que o saiba, o anula, nada de todo canto saíu dos labios dela, sexan votos ou compromisos, será firme; o seu marido anulounos, e o Señor perdoaraa.


A muller, cando vai dar á luz, ten tristura, pois chegou a súa hora; pero cando deu á luz o neno, xa non lle acorda o apuro, pola alegría de que naceu un home para o mundo.


Pero quero que saibades que a cabeza de todo home é Cristo, que a cabeza da muller é o home, e que a cabeza de Cristo é Deus.


As mulleres na asemblea que calen a boca, que non lles está permitido falar; que se mostren submisas, coma a mesma Lei o di.


A muller non é a dona do seu corpo, éo o home; e do mesmo xeito, o home non é o dono do seu corpo, éo a muller.


Mulleres, sede dóciles ós vosos homes coma lle acae a unha muller cristiá.


Cando anden dicindo: "paz e seguridade", daquela caerá de súpeto sobre eles a desfeita, do mesmo xeito que lle veñen as dores á muller embarazada; e, de certo, non han de escapar.


Porque primeiro crearon a Adam, despois a Eva.


Salvarase, non obstante, grazas á súa maternidade, se se mantén na fe, no amor, na santidade e na modestia.


Asisadas, limpas, boas administradoras da casa, submisas ós seus propios homes, para non desprestixiar a palabra de Deus.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan