Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 3:13 - Biblia SEPT

13 O Señor Deus díxolle á muller: —"Qué é o que fixeches?" E a muller respondeu: —"A serpe enganoume, e comín".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 3:13
15 Iomraidhean Croise  

Entón chamou o faraón a Abram para lle dicir: —"Que fixeches comigo? Por que non me aclaraches que era a túa muller?


Xosé díxolles: —"Que feito é ese que fixestes? Non sabiades que un home coma min ten o poder de adiviñar?"


Ioab presentouse onda o rei para dicirlle: —"Que é o que fixeches? Agora que Abner veu onda ti, por que deixaches que se fose?


O outro entón díxolle, enganándoo: —"Eu son tamén profeta, coma ti, e o anxo díxome no nome do Señor: faino ir contigo á túa casa, para que coma e beba algo".


Se deu a luz unha filla, quedará impura durante dúas semanas, coma na súa menstruación, e seguirase purificando do sangue durante outros sesenta e seis días.


Cheos de temor sagrado, os homes aqueles dixéronlle: Que é o que fixeches? Pois dábanse de conta de que fuxía da presenza de Iavé (pois xa llelo dixera).


Pilato replicou: E logo son eu xudeu? A túa xente e os sumos sacerdotes entregáronte a min: que fixeches?


Porque o pecado, aproveitando a ocasión que lle ofrecía o mandamento, extravioume e, valéndose del, levoume á morte.


Temo que, así como a serpe seduciu a Eva coa súa astucia, así tamén se trastornen os vosos criterios, arredándovos da sinceridade que lle debedes a Cristo.


E a Adam non o enganaron, senón que a muller se deixou enganar e caeu no pecado.


Samuel preguntoulle: —"Que fixeches?" E Xaúl respondeulle: —"O ver que o pobo se espallaba, que ti non chegabas no prazo fixado e que os filisteos se concentraban en Micmás,


Xaúl respondeulle: —"Trouxéronos de onda Amalec. O exército perdooulle a vida ó mellor dos rabaños e dos gandos, para ofrecer sacrificios ó Señor, o teu Deus. O resto consagrámolo ó anatema".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan