Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 3:10 - Biblia SEPT

10 Respondeu o home: —"Oínte no xardín, e tiven medo. O verme espido, agacheime".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 3:10
17 Iomraidhean Croise  

Estaban os dous espidos, o home e a muller, pero non sentían vergoña.


Preguntoulle o Señor Deus: —"Quen che dixo que estabas espido? É que comiches da árbore da que che prohibira comer?"


Entón abríronselles os ollos ós dous e decatáronse de que estaban espidos. Entrelazaron follas de figueira e cinguíronse con elas.


Así fico eu diante del, estarrecido, e cando o penso, cóllolle medo.


Non encubrín dos homes o meu erro acochando no peto a miña culpa,


O meu corpo treme ante ti e venero as túas decisións.


O pobo enteiro percibía os tronos, os lóstregos, o soar da trompeta e o fumegar do monte. A vista diso tremía e mantíñase lonxe.


Dicíanlle a Moisés: —"Fálanos ti, e escoitaremos; pero que non nos fale Deus, non sexa que morramos".


E engadiu: —"Eu son o Deus de teu pai, o Deus de Abraham, de Isaac e de Xacob". Moisés tapou a cara, polo medo de ver a Deus.


Vendo Moisés que o pobo estaba desbocado, pois deixárao desbocarse Aharón, expoñéndoo ó riso dos inimigos,


Que os pecadores se estremezan en Sión, e o terror apreixe os impíos: Quen habitará entre nós nun lume devorador? Quen habitará entre nós nas chamas eternas?


Descubre a túa nudez, mostra as túas vergonzas. Vou tomar vinganza, e non se me apoñerá ninguén.


De quen amedrentaches e temiches, por lle seres desleal? Porque de min non te lembraches, nin sequera en min pensaches! Acaso non foi porque estiven en silencio, si, desde sempre, e por isto non me respectaches?


pero agora, ben certo que morreremos. Seguro que nos devorará esa grande labarada, se seguimos nós escoitando de novo a voz do Señor, o noso Deus. Si, morreremos,


Porque aínda que o noso corazón nos acuse, Deus é meirande có noso corazón e coñece todo.


"Mira que veño coma un ladrón. Benia o que vixía e garda a roupa para non andar espido e que non lle vexan as súas vergonzas".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan