1 A serpe era o máis arteiro de todos os animais que o Señor Deus fixera. Díxolle á muller: —"Conque Deus vos prohibiu comer do froito das árbores do xardín?"
No día aquel o Señor castigará coa súa espada dura, grande e poderosa, a Leviatán, a serpente fuxidía, a Leviatán, a serpente retorcida, matará o dragón que hai no mar.
dicíndolle: Se es o Fillo de Deus, bótate de aquí embaixo, que está escrito: Mandará os seus anxos para que te coiden e te leven nas súas mans; e os teus pés non se mancarán nas pedras.
Temo que, así como a serpe seduciu a Eva coa súa astucia, así tamén se trastornen os vosos criterios, arredándovos da sinceridade que lle debedes a Cristo.
No tocante ós homes, convivide coas vosas mulleres con comprensión, mostrándolles o debido respecto, tal como se lle debe a un ser máis feble e coma a herdeiras convosco do don gratuíto da Vida; así seredes capaces de rezar sen estorbos.