Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 27:4 - Biblia SEPT

4 Guísaa como sabes que me gusta, e tráesma que a coma, pois quero darche a miña bendición antes de morrer".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 27:4
23 Iomraidhean Croise  

e bendiciu a Abram con estas palabras: —"Bendito sexa Abram polo Deus Altísimo, que fixo ceo e terra.


A Rebeca botáronlle esta bendición: "Ti, nosa irmá, que crezas por milleiros, que os teus descendentes se apoderen das cidades dos teus inimigos".


El foi, colleu os cabuxos e tróuxollos á nai. Ela preparou o guiso, do xeito que lle gustaba a seu pai.


E puxo nas mans de Xacob, seu fillo, o guiso que preparara e mais un anaco de pan.


Xacob díxolle a seu pai: —"Eu son Esaú, o teu primoxénito. Fixen conforme me mandaches. Érguete, séntate e come da miña caza, para que me deas logo a túa bendición".


E non o recoñeceu, porque as súas mans eran peludas coma as de seu irmán. E bendiciuno.


Isaac dixo: —"Sírveme, meu fillo, a comida, e logo dareiche a miña bendición". Xacob serviuno, e el comeu; tróuxolle viño e bebeu.


E Xacob achegouse e bicouno. O sentir Isaac o recendo da roupa, deulle esta bendición: —"Sentide o recendo do meu fillo, coma recendo dun agro bendito polo Señor.


Preparou el tamén un guiso saboroso, levoullo a seu pai e díxolle: —"Érguete, meu pai, e come da caza do teu fillo, para que me deas logo a túa bendición".


Namentres Isaac dicía isto a seu fillo, Rebeca estábao escoitando. Esaú saíu ó monte, pola peza que lle cumpría


—"Trae caza e prepárame un bo guiso. Comerei e bendicireite na presenza de Deus, antes de morrer.


Vas ó rabaño, tráesme dous bos cabuxos, e guisareillos a teu pai, do xeito que a el lle saben.


O Deus todopoderoso bendicirate, darache fecundidade e farate crecer; veraste convertido en moitas tribos.


Xosé respondeulle a seu pai: —"Son meus fillos, os que Deus me deu aquí". Dixo el: —"Tráemos aquí, que os bendiga".


Estas son as doce tribos de Israel e isto o que lles dixo seu pai, cando bendiciu a cada unha coa súa propia bendición.


Bendiciunos Simeón e díxolle a María, a nai: Mira, este está disposto para caída ou levantamento de moitos en Israel, para ser bandeira de discusión;


E mentres os bendicía, foise separando deles, e foi elevado ó ceo.


Pola fe, e tamén en orde ó futuro, Isaac bendiciu a Xacob e a Esaú.


Entón Xosué bendiciuno e deulle Hebrón como herdanza a Caleb, fillo de Iefuneh.


E bendiciunos Xosué e despediunos e foron para as súas tendas.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan