Cando se lle aproximaba a Israel o día da morte, chamou a seu fillo Xosé e díxolle: —"Se merezo o teu favor, pon debaixo da miña coxa a túa man e xúrame que me mostrarar o amor e a lealdade de non enterráresme en Exipto.
Naqueles días Ezequías caeu enfermo de morte, e o profeta Isaías, fillo de Amós, foi onda el para dicirlle: "Así fala o Señor: dá ordes á túa casa, que estás morrendo e non seguirás vivindo".
"Ah, Señor, lémbrate por favor, de que camiñei na túa presenza con fidelidade e con corazón enteiro, e de que fixen o que está ben ós teus ollos". E chorou Ezequías con grande pranto.
Mais David insistiu: —"Teu pai sabe moi ben que eu che caín en graza e pensará: Que non saiba isto Ionatán para que non se entristeza. Pero, pola vida do Señor e pola túa vida, que estou a un paso da morte".