A xente do lugar preguntáballe pola súa muller, e el respondía: —"É miña irmá". Tiña medo de confesar que era súa muller, pensando: —"Esta xente vaime matar por culpa de Rebeca". Porque era moi bela.
Entón fíxoo chamar para dicirlle: —"Conque é túa muller. Por que me dixeches que era túa irmá?" Isaac respondeulle: —"Porque pensei: Vanme matar por culpa dela".
Goza da vida coa muller que amas todo o que dure a túa efémera existencia, a que se che concedeu baixo o sol, o total dos teus días efémeros! Tal é o teu quiñón de vida e de traballo polo que te afanas baixo o sol.
Pola fiestra ollaba e laiaba a nai de Sísera, polo cancelo. Por que o seu carro demora tanto en chegar?; por que van tan a modo as rodas dos seus carros?