Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 26:7 - Biblia SEPT

7 A xente do lugar preguntáballe pola súa muller, e el respondía: —"É miña irmá". Tiña medo de confesar que era súa muller, pensando: —"Esta xente vaime matar por culpa de Rebeca". Porque era moi bela.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 26:7
15 Iomraidhean Croise  

Cando xa estaban chegando a Exipto, Abram díxolle a Sarai, súa muller: —"Estou pensando na túa fermosura.


Dilles que es miña irmá, para que por mor de ti me traten a min ben e grazas a ti salve a vida".


Vírona tamén os cortesáns e gabáronlla ó faraón, de xeito que a muller foi levada ó pazo.


Abraham respondeulle: —"Pensei para min: Quizais neste país non teñen temor de Deus, e mataranme por causa da miña muller.


Abraham dicía que Sara a súa muller, era súa irmá, e Abimélec, rei de Guerar, mandou que lla trouxesen.


Non me dixo el que ela era súa irmá, e ela que el era seu irmán? Con intención sincera e mans limpas fixen isto".


A rapaza era moi bela e aínda unha doncela, non tocada por home. Baixou á fonte, encheu o cántaro e subiu.


Isaac asentou en Guerar.


Cando levaban xa ben tempo no lugar, Abimélec, rei dos filisteos, ollou pola fiestra e viu a Isaac acariñando a Rebeca súa muller.


Lea era de ollos apagados, pero Raquel era fermosa e aposta.


O respecto humano tende un lazo, mais quen afiúza no Señor ponse a salvo.


Non lles teñades medo ós que matan o corpo pero non poden matar a alma; temede máis ben a aquel que pode arruinar o corpo e a alma no inferno.


Homes, amade as vosas mulleres, coma tamén Cristo amou a Igrexa e se entregou por ela


Non mintades uns a outros, xa que vos espistes do home vello cos seus malos feitos


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan