Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 26:4 - Biblia SEPT

4 Farei crecer os teus descendentes como as estrelas do ceo, dareilles toda esta terra e por eles chamaranse benditas as nacións todas do mundo;

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 26:4
22 Iomraidhean Croise  

Multiplicarei os teus descendentes coma o po. Se alguén contase o po, poderíaos contar a eles.


Aquel día fixo o Señor con Abram esta alianza: —"Os teus descendentes dareilles esta terra, desde o torrente de Exipto ata o gran río Éufrates,


Logo levouno fóra e prometeulle: —"Olla cara ó ceo e conta as estrelas, se é que podes. Así terás de descendentes".


Abraham converterase nun pobo grande e podente e nel veranse benditas todas as nacións da terra.


Aquela mesma noite aparecéuselle o Señor e díxolle: —"Eu son o Deus de teu pai Abraham. Non teñas medo, pois eu estou contigo. Bendicireite e aumentarei a túa descendencia, por mor do meu servo Abraham".


Os teus descendentes serán tantos coma o po. Estenderanse cara ó occidente e cara ó oriente, cara ó norte e cara ó sur. En ti e nos teus descendentes veranse benditos os pobos todos da terra.


O Deus todopoderoso bendicirate, darache fecundidade e farate crecer; veraste convertido en moitas tribos.


A terra que eu lle dei a Abraham e a Isaac, doucha tamén a ti e daréillela ós teus descendentes".


Israel asentou en Exipto, na bisbarra de Goxén. Adquiriu propiedades nela, reproduciuse e medrou moito.


David non quixo contar os que estaban por debaixo dos vinte anos, porque Iavé lle dixera que multiplicaría a Israel coma as estrelas do ceo.


Que o seu nome dure por sempre e a súa sona igual có sol. Que se bendigan nel todos os pobos e que o proclamen ditoso.


Lembra ós teus servos Abraham, Isaac e Israel, ós que con xuramento prometiches: Multiplicarei os vosos descendentes coma as estrelas do ceo, e dareilles este país de que vos teño falado, para que o herden a perpetuidade".


Eu fixen con eles un pacto: darlles o país de Canaán, terra na que viviron coma forasteiros.


Vós sodes os fillos dos profetas e da Alianza que Deus fixo con nosos pais, cando lle dixo a Abraham: "na túa descendencia serán benditas todas as familias da terra".


Ben, pois a Abraham e mais á descendencia del fixéronselle as promesas. Mais a Escritura non di ós seus descendentes, como se fosen moitos, senón ó seu descendente; coma quen di a un só, que é Cristo.


E a Escritura, previndo que Deus había xustificar os non xudeus, anuncioulle xa con tempo a Abraham: En ti han ser benditas todas as razas.


Xuntarás no medio da praza da cidade todo o seu botín; a cidade e o botín queimaralos totalmente na labarada en ofrenda ao Señor, o teu Deus; e ela ha ser coma un outeiro para sempre, pois non será reedificada.


Non é pola túa xustiza nin pola rectitude das túas intencións polo que ti vas entrar a tomar posesión do seu país. Certo que é pola iniquidade destes pobos, polo que o Señor, o teu Deus, os vai despoxar do país que está na túa presenza, para así manter a promesa que o Señor lles fixo con xuramento a Abraham, a Isaac e a Xacob.


Pois por mor dela Deus testemuñou a favor dos nosos devanceiros.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan