Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 26:3 - Biblia SEPT

3 Fai nesta terra a túa morada. Eu estarei contigo e bendicireite. A ti e ós teus descendentes dareivos esta terra, para manter o xuramento que fixen a teu pai Abraham.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 26:3
42 Iomraidhean Croise  

O Señor aparecéuselle a Abram para dicirlle: —"Os teus descendentes dareilles esta terra". Abram erixiu alí mesmo un altar ó Señor que se lle aparecera.


A terra toda que ves, dareicha a ti e ós teus descendentes para sempre.


Anda, percorre a terra ó longo e ó ancho, pois voucha dar para ti".


Aquel día fixo o Señor con Abram esta alianza: —"Os teus descendentes dareilles esta terra, desde o torrente de Exipto ata o gran río Éufrates,


Deus respondeulle: —"Non; Sara, a túa muller, darache un fillo, e poraslle o nome de Isaac. Con el e cos seus descendentes vindeiros establezo unha alianza, alianza perpetua.


Dareiche a ti e a eles, en posesión perpetua, a terra onde habitas, o país de Canaán. Eu serei o teu Deus".


Abraham colleu o camiño cara ó Négueb e asentou entre Cadex e Xur. Residiu tamén por un tempo en Guerar.


Despois da morte de Abraham, Deus seguiu bendicindo a seu fillo Isaac. Este asentou onde estaba o pozo de Lahai-Roí.


Isaac sementou o agro e recolleu naquela anada o cento por un. O Señor bendiciuno,


Tiña fatos de ovellas e de vacas e moitísimos criados. Os filisteos tíñanlle envexa,


Aquela mesma noite aparecéuselle o Señor e díxolle: —"Eu son o Deus de teu pai Abraham. Non teñas medo, pois eu estou contigo. Bendicireite e aumentarei a túa descendencia, por mor do meu servo Abraham".


Diante del viu o Señor en pé, que lle dicía: —"Eu son o Señor, Deus de teu pai Abraham e Deus de Isaac. A terra onde estás deitado dareicha para ti e para os teus descendentes.


Eu estarei contigo, gardareite onde queira que te atopes e traereite outra vez a este país. Non te abandonarei, namentres non cumpra o que che teño prometido".


O Señor díxolle a Xacob: —"Volve á terra de teus pais, á túa patria. Eu estarei contigo".


A terra que eu lle dei a Abraham e a Isaac, doucha tamén a ti e daréillela ós teus descendentes".


O Señor favoreceu a Xosé e deulle boa sorte en todo o que facía na casa do amo exipcio.


Mais o Señor estivo con Xosé, mostroulle compaixón, facendo que lle caese ben ó xefe do cárcere.


Israel díxolle a Xosé: —"Ves que me atopo xa á morte. Deus estará convosco, e levaravos outra vez á terra de vosos pais.


Xosé díxolles a seus irmáns: —"Eu estou para morrer. Deus coidará de vós e sacaravos desta terra, para a terra que prometeu con xuramento a Abraham, a Isaac e a Xacob".


da alianza que fixo con Abraham, do xuramento feito a Isaac,


El recorda por sempre a súa alianza, a palabra que deu polas xeracións.


O que pactou con Abraham e xurou a Isaac,


Eu instruireite e ensinareiche o camiño que has de seguir; aconsellareite, pousarei os meus ollos sobre ti.


Ti castigas os homes para escarmento e como a traza roes a súa fermosura: soamente un sopro son os homes.


Deus escoitou o seu pranto, lembrou o seu pacto con Abraham, con Isaac e con Xacob,


Respondeulle Deus: —"Eu estarei contigo. E este será o sinal de que eu te mando: Cando saques o pobo de Exipto, adoraredes a Deus nesta montaña".


Eu fixen con eles un pacto: darlles o país de Canaán, terra na que viviron coma forasteiros.


Tomareivos coma meu pobo e eu serei o voso Deus. Saberedes que eu son Iavé, o voso Deus, o que vos tirou de debaixo da carga dos exipcios.


Levareivos á terra que xurei darlles a Abraham, a Isaac e a Xacob, e daréivola a vós en posesión. Eu, Iavé".


Cando pases a través das augas, eu estarei contigo; cando pases a través dos ríos, non te engulirán. Cando pases a través do lume, non te queimarás; cando pases por entre as chamas, non prenderán en ti.


Non teñas medo, que eu estou contigo: traerei desde o nacente a túa descendencia, e desde occidente xuntareite,


Dálle a Xacob probas de fidelidade, a Abraham probas de amor: así llelo xuraches ós nosos pais desde os tempos antigos.


Non é Deus home para mentir, nin fillo de home para que se poida desdicir. É El quen di e non fai, ou quen fala e non cumpre?


Poño diante de vós esta terra: entrade a tomar posesión da terra que o Señor lles prometeu con xuramento ós vosos pais, a Abraham, a Isaac e mais a Xacob: que llela daría a eles e á súa descendencia despois deles.


Entón díxolle o Señor: —"Este é o país que lles prometín con xuramento a Abraham, Isaac e Xacob, dicíndolles: Heillo de dar á túa descendencia. Xa cho mostrei ós teus ollos, pero alí non podes cruzar".


O que aprendestes, recibistes, oístes e vistes en min, iso é o que tedes que levar á práctica. E o Deus da paz irá convosco.


Movido pola fe, emigrou á terra prometida, como se fose terra allea, habitando en tendas de campaña con Isaac e Xacob, herdeiros da mesma promesa.


Por iso, xa que Deus lles quería demostrar ben ás claras ós herdeiros da promesa o inmutable que era a súa decisión, comprometeuse con xuramento.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan