22 Isaac foise de alí e fixo abrir outro pozo. Por este non houbo discusión, e púxolle Rehobot, pensando: —"Agora dános largueza o Señor para que prosperemos nesta terra".
Dareiche fecundidade, sacarei de ti nacións, de ti sairán reis.
Despois cavaron outro pozo e rifaron tamén por el. Chamáronlle, por iso, Inimizade.
O Deus todopoderoso bendicirate, darache fecundidade e farate crecer; veraste convertido en moitas tribos.
O segundo chamouno Efraím: "Deus fíxome frutificar na terra da miña aflición".
No apuro invoco o Señor e El escóitame e líbrame.
Eu corro tras dos teus mandatos, pois ti ensánchasme o corazón.
No día funesto fanme fronte, pero o Señor é o meu arrimo:
Do mestre do coro, con instrumentos de corda. Salmo, de David.
os israelitas medraron, propagáronse, creceron, fixéronse moi fortes, enchían o país.
Alonga o espazo da túa tenda, estende as cortinas das túas moradas, non te negues; alonga as túas cordas, afinca as túas ferraxes,
que terás que estenderte para a dereita e para a esquerda, pois a túa descendencia herdará nacións e volverá habitar cidades arrasadas.