18 Abriu de novo os pozos que foran xa cavados en vida de seu pai Abraham e que despois da súa morte cegaran os filisteos, e púxolles os mesmos nomes que lles puxera seu pai.
Tamén levantou torres no deserto e cavou moitos pozos para o abundante gando, que posuía na chaira e na meseta; tamén tiña labradores e viñateiros nos montes e nas veigas, porque a Ozías gustáballe o campo.
e desde alí dareille as súas viñas, e convertereille o val da Aflición en porta da Esperanza, e alí hame responder coma nos días da súa mocidade, coma o día en que subiu de Exipto.
No día aquel —é o Señor quen fala— extirparei do país os nomes dos ídolos, e non volverán ser lembrados. Tamén farei desaparecer do país os profetas e o espírito de impureza.