13 e o home foi medrando, ata se facer moi podente.
Abram era moi rico en gandos, en prata e en ouro.
O Señor ten bendicido tanto ó meu amo, que hoxe está rico. Deulle ovellas e vacas, prata e ouro, servos e servas, camelos e asnas.
Xacob fíxose moi rico. Chegou a ter moita facenda, servos, servas, camelos e asnos.
Na súa casa hai bens abondo e a súa prosperidade é duradeira.
É a bendición do Señor a que fai rico e o esforzo non engade nada.