Fai nesta terra a túa morada. Eu estarei contigo e bendicireite. A ti e ós teus descendentes dareivos esta terra, para manter o xuramento que fixen a teu pai Abraham.
O pouco que tiñas primeiro de vir eu, converteuse en abundancia. O Señor bendiciute ó meu paso. Agora terei que facer algo pola miña familia". Preguntoulle Labán:
"Sementa de mañá a túa semente e pola tarde non pouses as túas mans", xa que ignoras cal das dúas sementes vai medrar, nin se as dúas son igual de boas.
"Velaí a sementeira da fartura: a viña dará o seu froito, a terra, o seu produto; e o ceo o seu orballo; darei en herdanza todo isto ó resto deste pobo.
Pero o que foi sementado en boa terra, vén ser aquel que escoita a Palabra e a comprende: este si que dá froito e produce nun caso cento, noutro sesenta e noutro trinta.