Saíron de Madián e chegaron a Parán. Alí colleron consigo algúns homes, pasaron a Exipto e presentáronse ó faraón, rei de Exipto, que os forneceu de casa, de alimentos e de terras.
Estarás cuberta dunha chea de camelos, de dromedarios novos de Madián e de Efah. Todos eles virán de Sabá. Virán cargados de ouro e incenso, e proclamarán ledos a loanza do Señor.