Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 24:7 - Biblia SEPT

7 O Señor, Deus do ceo, que me tirou da casa de meus pais e do meu clan, e que me prometeu con xuramento: Os teus descendentes dareilles este país, mandará diante de ti o seu anxo, e encontrarás alí a muller para o meu fillo.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 24:7
39 Iomraidhean Croise  

A terra toda que ves, dareicha a ti e ós teus descendentes para sempre.


Aquel día fixo o Señor con Abram esta alianza: —"Os teus descendentes dareilles esta terra, desde o torrente de Exipto ata o gran río Éufrates,


Encontrouna o anxo do Señor onda unha fonte no deserto, a que está no camiño do Sur,


Dareiche a ti e a eles, en posesión perpetua, a terra onde habitas, o país de Canaán. Eu serei o teu Deus".


Oíu Deus os berros do neno, e o anxo chamou desde o ceo a Hagar para dicirlle: —"Que che pasa, Hagar? Non teñas medo, pois Deus escoitou os berros do neno alí onde está.


Mais o anxo do Señor chamou desde o ceo: —"Abraham! Abraham!" El respondeu: —"Aquí estou".


e xúrame polo Señor, Deus de ceo e terra, que non tomarás muller para meu fillo de entre as fillas dos Cananeos cos que habito,


E el respondeume: O Señor, con quen andei sempre, mandará contigo o seu anxo. El dará boa fin á túa viaxe, e atoparás muller para o meu fillo na miña parentela, na familia de meus pais;


Aquela mesma noite aparecéuselle o Señor e díxolle: —"Eu son o Deus de teu pai Abraham. Non teñas medo, pois eu estou contigo. Bendicireite e aumentarei a túa descendencia, por mor do meu servo Abraham".


—"Ciro, rei de Persia decreta: Todos os reinos da terra me foron entregados polo Señor, Deus dos ceos, e encargoume por si mesmo de levantarlle un templo en Xerusalén de Xudá.


Bendicide o Señor, os seus anxos, seres poderosos ás súas ordes, que obedecedes a súa palabra.


Loade o Deus dos deuses, porque o seu amor é eterno.


Eu instruireite e ensinareiche o camiño que has de seguir; aconsellareite, pousarei os meus ollos sobre ti.


O Señor escoita ó pobre que o chama e líbrao de todos os apuros.


Condúcesme co teu consello e acóllesme con honor.


Cando o Señor vos introduza na terra dos cananeos, dos hititas, dos amorreos, dos hivitas e dos iebuseos, conforme o xuramento que fixo a vosos pais, unha terra que deita leite e mel, no mes de abib celebraredes esta festa.


Lembra ós teus servos Abraham, Isaac e Israel, ós que con xuramento prometiches: Multiplicarei os vosos descendentes coma as estrelas do ceo, e dareilles este país de que vos teño falado, para que o herden a perpetuidade".


Eu mandarei diante o meu anxo, desbotarei da terra ós cananeos, ós amorreos, ós hititas, ós perizitas, ós hivitas e ós iebuseos,


en calquera angustia. Non houbo mensaxeiro nin enviado: a súa presenza salvounos: polo seu amor e a súa compaixón redimiunos, si, levantounos e levounos enriba de si en todas as épocas pasadas.


Respondeulles el: Son hebreo e adoro a Iavé, o Deus do ceo, que fixo o mar e mais a terra firme.


Son eu por ventura quen concibiu a todo este pobo? Son eu quen o deu a luz, para que me digas: Lévao no teu seo, como leva unha ama o seu neno de peito, á terra que ti prometiches con xuramento a seus pais?


Iavé foi incapaz de levar a este pobo ó país que lle prometera con xuramento, por iso o destruíu no deserto!


non entraredes no país, onde, estendendo a miña man, xurei facervos habitar, excepto Caleb, fillo Iefuneh e Xosué, fillo de Nun.


Os homes de vinte anos para arriba que subiron do Exipto non verán a terra que prometín con xuramento a Abraham, Isaac e Xacob, porque non me seguiron sen dúbidas,


E non lle deu nela herdanza ningunha, nin sequera un pé de terreo, mais prometeulle que lla daría en propiedade, e despois del á súa descendencia, aínda que non tiña fillos.


Poño diante de vós esta terra: entrade a tomar posesión da terra que o Señor lles prometeu con xuramento ós vosos pais, a Abraham, a Isaac e mais a Xacob: que llela daría a eles e á súa descendencia despois deles.


Entón díxolle o Señor: —"Este é o país que lles prometín con xuramento a Abraham, Isaac e Xacob, dicíndolles: Heillo de dar á túa descendencia. Xa cho mostrei ós teus ollos, pero alí non podes cruzar".


Que outra cousa son todos eles, se non espíritos que están ó servizo del, para que os mande en axuda dos que han herdar a salvación?


Movido pola fe, emigrou á terra prometida, como se fose terra allea, habitando en tendas de campaña con Isaac e Xacob, herdeiros da mesma promesa.


Se rexo e valoroso, pois ti farás herdar a este pobo a terra que xurei ós seus devanceiros que lles había de dar.


E collín a voso pai Abraham da outra banda do río, e leveino por toda a terra de Canaán, e multipliquei a súa semente dándolle a Isaac.


Naquela mesma hora veu un gran terremoto e derrubouse unha décima parte da cidade e morreron no terremoto sete mil homes. Os outros colleron medo e déronlle gloria ó Deus do ceo.


E subiu o anxo do Señor desde Guilgal ata Boquim e dixo: —"Saqueivos de Exipto e fíxenvos entrar na terra que prometera a vosos pais; e dixen: endexamais romperei a alianza que fixen convosco.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan