Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 24:3 - Biblia SEPT

3 e xúrame polo Señor, Deus de ceo e terra, que non tomarás muller para meu fillo de entre as fillas dos Cananeos cos que habito,

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 24:3
49 Iomraidhean Croise  

e bendiciu a Abram con estas palabras: —"Bendito sexa Abram polo Deus Altísimo, que fixo ceo e terra.


Pero Abram respondeulle: —"Xuro polo Señor, o Deus Altísimo, que fixo ceo e terra,


Xúrame, pois, por Deus aquí mesmo que non nos enganarás, nin a min, nin ós meus fillos, nin ós meus descendentes, senón que coa consideración con que eu te tratei a ti, hasme tratar ti a min e a esta terra á que viñeches".


O Señor, Deus do ceo, que me tirou da casa de meus pais e do meu clan, e que me prometeu con xuramento: Os teus descendentes dareilles este país, mandará diante de ti o seu anxo, e encontrarás alí a muller para o meu fillo.


Rebeca díxolle a Isaac: —"Dóeme a alma, por culpa destas hititas. Se tamén Xacob toma muller de entre elas, de entre as fillas deste país, de que me serve aínda vivir?"


Isaac chamou a Xacob e bendiciuno. Coa mesma, deulle esta orde: —"Non tomes unha cananea por muller.


Entón decatouse Esaú de que as cananeas lle desagradaban a seu pai Isaac.


Emparentade connosco, dádenos das vosas fillas e vós tomade das nosas.


Alí coñeceu unha muller cananea que se chamaba Xúa; tomouna e achegouse a ela.


Dixo Xacob: —"Xúramo". El xuroullo. E Israel debruzouse na cabeceira do seu leito.


Xosé fixo xurar ós fillos de Israel: —"Cando veña Deus vervos, levaredes convosco os meus ósos".


En vendo os fillos de Deus que as fillas dos homes eran belas, tomaron de entre elas mulleres, como ben lles parecía.


Cando os fillos de Deus se achegaban ás fillas dos homes e tiñan fillos delas, e aínda despois, existían na terra os xigantes. Son os nomeados heroes doutros tempos.


Ezequías fixo entón esta oración ó Señor: —"Señor, Deus de Israel, que sentas sobre os querubíns, soamente ti es Deus sobre todos os reinos da terra.


Mándoche, pois, agora a Hiramabí, home hábil, dotado de intelixencia;


Velaquí a resposta que nos chegou: Nós somos os servidores do Deus dos ceos e da terra, e reconstruímos o templo que xa se construíra hai longos anos, o que un gran rei en Israel levantara e completara.


Rifeilles moito e maldicinos, zoupei nalgúns e tireilles dos cabelos; despois fíxenos xurar no nome do Señor: —"Non deades as vosas fillas ós seus fillos e non tomedes as súas fillas para vosos fillos nin para vós.


Ti es, Señor, o único Deus, que fixeches os ceos, os ceos dos ceos e todo o seu exército, a terra e canto nela se atopa, os mares e todo canto conteñen. Fuches ti quen lles deu vida a todos, e o exército dos ceos se prosterna diante de ti.


Benditos sexades do Señor, que fixo o ceo e mais a terra.


Loade o Deus dos deuses, porque o seu amor é eterno.


Non pronunciarás en van o nome do Señor o teu Deus, pois o Señor non deixa sen castigo ó que pronuncia en van o seu nome.


Pero se lle roubaron o animal á súa vista, terá que restituírllo ó seu dono.


Observade todo o que vos digo. Non invoquedes o nome doutros deuses; que nin sequera se sinta nos teus labios.


Non tomes de entre as súas fillas mulleres para os teus fillos, non sexa que ó prostituírense elas cos seus deuses, leven á prostitución tamén ós teus fillos.


Xúroo por min mesmo: da miña boca sae —para cumprir o que é xusto— unha palabra que non se volve atrás: ante min dobrarase todo xeonllo, por min xurará toda lingua.


Escoitade isto, casa de Xacob, os que se chaman co nome de Israel e saíron do sangue de Xudá, os que fan o xuramento polo nome de Iavé e nomean o Deus de Israel, sen verdade e sen xustiza.


O que queira ser bendito coa felicidade na terra, ha de ser bendito polo Deus Amén. E o que queira facer un xuramento na terra, ha de xurar polo Deus Amén. Si, que se esquezan das aflicións pasadas, e certamente estarán escondidas da miña percepción.


Por iso habédeslles dicir: "Os deuses que non fixeron o ceo nin a terra desaparecerán da terra e de debaixo do ceo".


E sucederá que se aprenden ben a se comportar coma o meu pobo, xurando polo meu Nome, vive o Señor!, igual que eles lle ensinaron ó meu pobo a xurar por Baal, entón serán constituídos en pobo meu.


Casade e tende fillos e fillas, tratade de casar ós vosos fillos e ás vosas fillas, para que vos dean netos e netas; multiplicádevos aí, e non minguedes.


se xuras "Vive o Señor!" (con verdade, con xustiza e con dereito), El bendicirá por ti os pobos e cubriraos de gloria.


Non xuraredes en falso no meu nome, sería aldraxar o nome do teu Deus. Eu son o Señor.


ós que se prostran nos tellados adorando ó exército do ceo, ós que se prostran xurando por Iavé e ó mesmo tempo xuran polo seu rei;


(o sacerdote mandaralle facer o xuramento da maldición á muller, e diralle:) faga o Señor baixar contra ti a maldición, e fágate maldita no medio do teu pobo; que as túas pernas perdan as forzas e que inche o teu ventre;


A muller está ligada ó seu home mentres el viva. Pero, se o home morre, queda libre para casar con quen ela queira, sempre que sexa cun cristián.


O Señor o teu Deus, respectarás, a El servirás e a El has de te apegar e prestar xuramento no seu nome.


O Señor, o teu Deus, has de respectar, a El has de adorar; e has de facer o xuramento, invocando o seu nome.


Os homes xuran sempre por quen é superior a eles; e o xuramento, por ser unha garantía, marca a fin de calquera litixio.


E agora, volo suplico, xurádeme polo Señor que, xa que tiven misericordia convosco, habédela ter tamén vós coa casa de meu pai, e que me daredes un sinal seguro


E dixéronlle seu pai e mais a sua nai: —"E logo non terás entre as fillas de teus irmáns e entre todo o teu pobo unha muller para que vaias escoller esposa entre os incircuncisos filisteos?" E respondeu Sansón a seu pai: —"Pedídeme esa para min, pois é ela a que me gusta".


E Ionatán renovoulle a David o xuramento, polo amor que lle tiña, pois queríalle coma a si mesmo.


David preguntoulle aínda: —"Levaríasme onda esa banda?" El respondeulle: —"Se me xuras que non me matarás nin me porás nas mans do meu amo, levareite onde está a banda".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan