Térah colleu a seu fillo Abram, ó seu neto Lot, fillo de Harán, e a súa nora Sarai, muller de seu fillo Abram, e saíu con eles de Ur dos Caldeos, para dirixirse ó país de Canaán. Chegados a Harán, establecéronse alí.
Cando os camelos acabaron de beber, colleu o home un anel de ouro, de medio siclo de peso, e púxollo á rapaza no nariz, e para os brazos dous torques de ouro de dez siclos.
Os fillos de Amón viron que se fixeran odiosos a David, e Hanún e os fillos de Amón mandaron mil talentos de prata para contratar os carros e os cabaleiros de Mesopotamia, de Macah e de Sobah.