Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 23:9 - Biblia SEPT

9 para que me venda a cova de Macpelah, que está na beira do seu eido. Que polo seu debido prezo ma dea, diante de vós, para sepulcro en propiedade".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 23:9
10 Iomraidhean Croise  

Efrón o hitita atopábase entre os fillos de Het, e respondeulle a Abraham, de xeito que o oísen os fillos de Het e todos os que entraban polas portas da cidade:


—"Eu son un forasteiro, que reside entre vós. Dádeme aquí un sepulcro en propiedade, para enterrar nel á miña finada".


e faloulles así: "Se estades de acordo en que eu enterre a miña defunta, escoitádeme e valede por min diante de Efrón, fillo de Soar,


É o campo que lles mercara Abraham ós fillos de Het. Nel foron enterrados Abraham e Sara, súa muller.


Despois deulles estas ordes: —"Eu estou para ir xuntarme co meu pobo. Enterrádeme con meus pais, na cova que está no eido de Efrón o hitita.


Levárono a Canaán e enterrárono na cova de Macpelah, no eido que Abraham comprara a Efrón o hitita, de fronte a Mambré, para propiedade sepulcral.


David dixo a Ornán: —"Déixame o terreo da eira para que levante un altar a Iavé; pagareicho polo xusto prezo, para que se retire a praga sobre o pobo".


Pero o rei dixo a Ornán: —"Non. Quero comprarcha polo seu valor en prata, pois non vou eu presentarlle ó Señor o que é teu, nin ofrecerlle un holocausto que non me custa nada".


Non volvades mal por mal a ninguén: que todo o mundo vexa que procurades o ben.


A ninguén lle debades nada, fóra de amarvos uns a outros, porque o que ama o próximo, ten cumprida a Lei.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan