Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 23:2 - Biblia SEPT

2 Morreu en Quiriat-Arbah, hoxe Hebrón, no país de Canaán. Abraham fixo o velorio e chorou pola súa muller.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 23:2
36 Iomraidhean Croise  

Abram levantou a tenda e foise establecer na carballeira de Mambré, onda Hebrón. Alí construíu un altar ó Señor.


Sara viviu cento vinte e sete anos. Eses foron por xunto os anos da súa vida.


Abraham enterrou a Sara, súa muller, na cova de Macpelah, enfronte de Mambré, hoxe Hebrón, no país de Canaán.


Isaac introduciu a Rebeca na tenda de Sara, súa nai, tomouna por súa muller e amouna, ata consolarse da morte de súa nai.


Esaú quedou aborrecendo a Xacob por causa da bendición que lle dera seu pai. E pensaba: —"O tempo do loito por meu pai xa se aveciña. Entón matarei a meu irmán".


Xacob chegou á casa de seu pai Isaac, en Mambré, en Quiriat-Arbá, hoxe Hebrón, onde viviran Abraham e Isaac.


Israel díxolle: —"Vai ver se están ben os teus irmáns e o gando, e logo tráesme as novas". Despediuno no val de Hebrón, e el marchou para Xequem.


Xosé botouse enriba da cama de seu pai e, chorando, bicouno.


Chegados á eira de Atad, do outro lado do Xordán, fixeron un pranto grande e solemne. Xosé fixo por seu pai un funeral de sete días.


Fixeron dó, choraron e xaxuaron ata a tarde por Xaúl, polo seu fillo Ionatán, polo pobo do Señor e pola casa de Israel, que caeran a fío de espada.


David entoou, daquela, por Xaúl e polo seu fillo Ionatán, esta elexía


O reinado de David en Hebrón, sobre a casa de Xudá, foi de sete anos e medio.


Os anciáns de Israel presentáronse, pois, onda o rei en Hebrón. O rei David fixo un pacto alí con eles, diante do Señor, e eles unxiron a David por rei de Israel.


En Hebrón reinou sobre Xudá sete anos e medio; en Xerusalén reinou trinta e tres anos, sobre Israel e Xudá.


Da tribo de Isacar, Axperón cos seus contornos; Daberat cos seus contornos;


Xeremías compuxo unha elexía no seu honor, e todos os cantores e cantoras ségueno recordando nas súas elexías. Fixéronse tradicionais en Israel; poden verse nas Lamentacións.


Nas aldeas e campos, os fillos de Xudá habitaban en Quiriat—Arbá e arredores, en Dibón e arredores, en Iecabsel e as súas aldeas,


Non choredes por quen está morto, nin poñades loito por el; chorade a lágrima viva polo que marcha, sabede que non volverá outra vez nin volverá ver a terra onde naceu.


Por iso así lle di o Señor a Ioaquim, fillo de Ioxías, rei de Xudá: —Non chorarán por el: "Ai, meu irmán, ai miña irmá!". Non se lamentarán por el: "Ai Señor! Ai, Maxestade!".


Subiron polo Négueb e chegaron a Hebrón, onde estaban Ahimán, Xexai e Talmai, descendentes de Anac. Hebrón fora edificada sete anos antes ca Soán do Exipto.


E comprendeu toda a comunidade que morrera Aharón, e toda a casa de Israel chorou a Aharón durante trinta días.


Entón os xudeus que estaban con ela na casa para lle daren o pésame, vendo a María que se ergueu de contado e saíu, foron detrás dela, coidando que ía á sepultura para chorar alí.


E Xesús botouse a chorar.


Uns homes piadosos enterraron a Estevo e fixeron por el un gran pranto.


Os fillos de Israel choraron por Moisés nas chairas de Moab trinta días, completaron así os seus días de pranto como loito por Moisés.


E tomouna (ó seu rei e a toda a cidade), e pasounos polo gume da espada, e exterminou a todo ser vivo que había nela. Non deixou nin rastro. Como fixera con Hebrón, así fixo con Debir e co seu rei (o mesmo que fixera con Libnah e co seu rei).


E a Caleb, fillo de Iefuneh, deulle unha parte no medio dos fillos de Xudá, de acordo co mandato do Señor a Xosué: Quiriat—Arbá, do pai de Anac, que é Hebrón.


Humtah, Quiriat—Arbá —que é Hebrón— e Sior: nove cidades e as súas aldeas.


E escolleron a Quédex, en Galilea, na serra de Naftalí, a Xequem, na serra de Efraím, e a Quiriat—Arbá —que é Hebrón—, na serra de Xudá.


déronlles Quiriat—Arbá (a vila do pai de Anoc —que é a cidade de Hebrón—, na serra de Xudá), coas praderías dos seus arredores.


E foi Xudá contra os cananeos que habitaban en Hebrón —o nome de Hebrón era antes Quiriat—Arbá—, e venceu a Xexai, a Ahimán e a Talmai.


Mentres o fillo de Ixaí siga con vida na terra, non estades seguros nin ti nin o teu reino. Agora manda que o traian onda min, pois merece a morte".


Samuel morreu e todo Israel se xuntou para choralo. Enterrárono en Ramah na súa propiedade. Despois diso David baixou cara ó deserto de Maón.


Entre tanto, Samuel morrera. Todo Israel chorara por el e enterrárano en Ramah, a súa cidade. Xaúl desterrara do país ós nigromantes e ós adiviños.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan