9 Chegados ó lugar que Deus dixera, Abraham construíu un altar, puxo enriba del a leña, atou o seu fillo Isaac e deitouno no altar, por enriba da leña.
O Señor aparecéuselle a Abram para dicirlle: —"Os teus descendentes dareilles esta terra". Abram erixiu alí mesmo un altar ó Señor que se lle aparecera.
Logo seguiu pola montaña, ó oriente de Betel, e plantou a súa tenda entre Betel ó poñente e Ai ó nacente. Alí construíu un altar ó Señor e invocouno polo nome.
A mañanciña cedo, os sumos sacerdotes, os anciáns e mais os letrados todo o Sanedrín, despois dunha reunión do Consello, amarraron a Xesús e fórono entregar a Pilato.
Así tamén Cristo, unha vez que se ofrendou para quitar os pecados, volverá a aparecerlles por segunda vez, xa sen ter que ver co pecado, para salvar os que o están agardando con ansia.