Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 22:8 - Biblia SEPT

8 Abraham respondeulle: —"Meu fillo, o año Deus o proverá". E camiñaban os dous xuntos.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 22:8
14 Iomraidhean Croise  

Hai cousa que non poida o Señor? De hoxe nun ano, cando eu volva, Sara terá un fillo".


Abraham púxolle ó lugar o nome de Moriah. Por iso aínda hoxe se di: —"Na montaña o Señor proverá".


Isaac díxolle a seu pai: —"Meu pai!" El respondeu: —"Que queres, fillo?" O rapaz dixo: —"Levamos lume e leña. Pero onde está o año para o sacrificio?"


Chegados ó lugar que Deus dixera, Abraham construíu un altar, puxo enriba del a leña, atou o seu fillo Isaac e deitouno no altar, por enriba da leña.


Elías díxolle a Eliseo: —"Queda aquí. O Señor quere que eu me chegue ó Xordán". Respondeulle el: —"Pola vida do Señor e pola túa, que non te deixarei". E marcharon os dous.


Amasías preguntou ó profeta: —"E que pasa cos cen pesos de prata que dei ó destacamento de Israel?" O profeta contestoulle: —"O Señor pódechos devolver multiplicados".


Mirando para eles fixamente, díxolles: Si, para os homes é imposible; pero para Deus todo é posible.


O outro día, vendo a Xesús, que viña cara a el, dixo: Velaí o Año de Deus, o que arrinca o pecado do mundo!


e, vendo a Xesús que camiñaba, dixo: Velaquí o Año de Deus.


E todos os habitantes da terra, que desde o comezo do mundo non teñen o seu nome escrito no libro da vida do Año que foi degolado, adoraron a besta.


Proclamaban con forte voz: "Merecente é o Año, por estar degolado, de recibir o poder, a riqueza, a sabedoría, a forza, a honra, a gloria e a bendición".


E vin no medio do trono e dos catro animais e diante dos anciáns, un Año en pé, coma se estivese degolado, con sete cornos e sete ollos, que son os sete espíritos de Deus, mandados a toda a terra.


Eu respondinlle: "Meu Señor, ti xa o sabes". E díxome: "Estes son os que veñen de pasar as súas grandes penas; lavaron os seus vestidos e branqueáronos co sangue do Año.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan