2 Deus mandoulle: —"Colle o teu fillo, o único que tes e que tanto queres, Isaac, e vaite ó país de Moriah. Alí ofrecerasmo en sacrificio, no cimo dunha das montañas que eu che mostrarei".
Deus respondeulle: —"Non; Sara, a túa muller, darache un fillo, e poraslle o nome de Isaac. Con el e cos seus descendentes vindeiros establezo unha alianza, alianza perpetua.
O anxo dixo: —"Non poñas a man no rapaz nin lle fagas mal ningún. Agora dei comprobado que tes temor de Deus, pois non me negaches o teu fillo, o único que tes".
Abraham ergueuse cedo, aparellou o burro e tomou consigo dous criados e mais o seu fillo Isaac. Coa leña cortada para o sacrificio, púxose ó camiño en dirección do lugar que Deus lle indicara.
Entón colleu o seu fillo primoxénito, o que ía ser o sucesor, e sacrificouno enriba das murallas. Daquela houbo tan grande indignación contra os israelitas, que estes se foron de alí e volveron para a súa terra.
Comezou, pois, Salomón a edificar o templo de Iavé en Xerusalén, no monte Móriah, onde se manifestara Deus a seu pai David, no lugar onde David fixera os preparativos, na eira de Ornán o iebuseo.
E, ó remate dos dous meses, volveu onda seu pai e este cumpriu con ela o voto que fixera (sen que ela chegase a intimar con varón). E fíxose costume en Israel