e cando os príncipes de Babilonia lle enviaron mensaxeiros para se informaren do prodixio que sucedera no seu país, se Deus o abandonou foi para pólo á proba e coñecer as súas intencións.
O Señor díxolle a Moisés: —"Vou facer chover un pan do ceo para vós. O pobo sairá e collerá o que lle cumpra para o día. Quero poñelo á proba, para ver se anda ou non coa miña lei.
E a vós non vos viñeron tentacións que superen as forzas humanas. Fiel é Deus, que non consentirá que teñades tentacións superiores ás vosas forzas: coa tentación havos dar tamén os medios para poder saír dela.
Has de te lembrar do camiño polo que o Señor, o teu Deus, te fixo camiñar polo deserto durante estes corenta anos para aflixirte e pórte a proba e saber o que hai nas túas intencións: se ti querías gardar os seus mandamentos, ou non.
Deste xeito, o xenuíno da vosa fe ten máis valía do que o ouro que, a pesar de ser pasadío, se aquilata no lume e considérase merecente de loanza, gloria e honra cando se revele Xesús Cristo.