(Zain) Xerusalén conmemora os días da súa humillación, a perda da súa patria, a falta de todas as preciosidades que tivo desde antigo, cando o seu exército caía no poder do inimigo sen que ninguén lle axudase. Vena os inimigos e rin da súa desaparición.