O cabo de tres días, día de anos do faraón, deu este un banquete a todos os seus ministros, e de entre todos tivo por ben erguer a cabeza do copeiro maior e do panadeiro maior.
Espertou Salomón e viu que tivera un soño. Volveu para Xerusalén e presentouse diante da Arca da Alianza do Señor. Ofreceu holocaustos e sacrificios de comuñón, e convidou ó banquete a todos os seus servidores.
E díxolles Sansón: —"Deixádeme propoñervos unha adiviña. Se ma desvelades nos sete días da festa e acertades, dareivos trinta pezas de liño e trinta mudas de vestidos.
Chegado ese momento, Ana subiu con el a Xiloh, ó santuario do Señor, levando consigo un becerro de tres anos, unha fanega de fariña e un pelexo de viño.
Cando Abigail chegou onda Nabal, encontrouno celebrando unha esmorga de rei na súa casa. Tiña contento o corazón e estaba moi chispo. Ata ó amencer ela non lle dixo unha palabra, nin máis alta nin máis baixa.