Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 21:7 - Biblia SEPT

7 E engadiu: —"Quen lle ía dicir a Abraham que Sara criaría un fillo! E agora deullo na vellez".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 21:7
15 Iomraidhean Croise  

Abraham prostrouse por terra e sorriu, pensando para si: —"Un home de cen anos terá un fillo, e Sara ós seus noventa parirá!"


Mais o Señor díxolle a Abraham: —"Por que ri Sara, dicindo: Será certo que vou ter un fillo ós meus anos?


Medrou o neno, e destetárono. O día que destetaron a Isaac, Abraham deu un xantar.


A irmá de Tafnes pariulle a Hadad un fillo, Guenubat, que a mesma Tafnes criou no pazo do faraón. Por iso Guenubat medrou no pazo cos fillos do faraón.


Cando me erguín, pola mañá, para dar o peito ó meu fillo, decateime que estaba morto. A luz do día mirei ben, e vin que aquel non era o fillo que eu parira".


Ti es grande e fas prodixios, ti es o único Deus.


Ti, Señor, non tes semellante entre os deuses, non hai feitos coma os teus.


E ti pensarás no teu corazón: Quen me deu estes? Pois eu quedei sen fillos e estéril, desterrada e apartada. A estes quen os criou? Velaí: eu quedei soa; estes de onde son?"


Quen oíu cousa como esta? Quen viu cousas como estas? Párese unha cidade nun só día? Dáse a luz un pobo dunha soa vez? Sión, si que estivo de parto, certo que deu a luz os seus fillos!


Maldito o home que lle deu boas novas a meu pai: "Naceuche un fillo varón". Que alegría lle deu!


Non existe maxia en Xacob, nin adiviñacións en Israel. O seu tempo diráselle a Xacob e a Israel o que El vai facer.


Así desde o ceo e por medio da Igrexa dáselles a coñecer a principados e autoridades a variedade de formas da sabedoría de Deus,


naquel día, cando veña para manifestar a súa gloria nos seus santos e para manifestar as súas marabillas nos que abrazaron a fe. Ora, vós aceptastes o noso testemuño.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan