4 Cando cumpriu oito días, Abraham circuncidou a Isaac, conforme Deus lle mandara.
Se vive convosco un estranxeiro e quere celebrar a Pascua do Señor, deberá facer circuncidar a todos os varóns da súa casa, e entón poderá celebrala; será coma un do país. Pero non comerá dela ningún incircunciso.
No oitavo día será circuncidado o meniño,
Ós oito días levárono a circuncidar e queríanlle poñer Zacarías, coma seu pai.
Ambos eran xustos ante Deus, pois gardaban sen fallas os seus mandamentos e preceptos.
Os oito días tocaba circuncidar o neno e puxéronlle de nome Xesús, tal como o chamara o anxo antes da súa concepción.
E deulle a alianza da circuncisión e así, ó lle nacer Isaac, circuncidouno ó oitavo día; e Isaac a Xacob, e Xacob, ós doce patriarcas.