Ela díxolle: —"Pola vida do Señor, teu Deus, que non teño pan ningún. Quédame só na talla unha presa de fariña e unha pinga de aceite na aceiteira. Ves que estou apañando guizos. Irei preparalo para min e para o meu fillo. Comerémolo e despois teremos que morrer".
Entón á nai do neno vivo movéuselle o corazón polo seu fillo, e dixo: —"Por favor, meu señor; que lle dean a ela o neno vivo. Non o maten". Pero a outra dicía: —"Nin para min nin para ti. Que o dividan".
—Filla do meu pobo, vístete de saco, cúbrete de cinsa. Fai por ti un loito coma por un fillo único, entristece e chora polo teu ben; axiña chega contra nós o destrutor.
trocarei as vosas festas en loito; todas as vosas cántigas en laios; cinguirei todos os lombos de saco, deixarei toda cabeza rapada, vouno dispor coma o pranto polo vinculeiro e o remate vai ser coma o dun día amargado.
Estenderei sobre a casa de David e sobre os habitantes de Xerusalén un espírito de graza e de súplica: mirarán atentamente ó meu Poderoso, a quen traspasaron. Farán lamentación por el, coma a lamentación diante do único Deus, e chorarán amargamente por el, coma o amargarse por un primoxénito.
Levantouse e volveu onda seu pai. Aínda estaba lonxe cando este, enxergándoo, saíu emocionado a recibilo, e botándoselle nos brazos, bicouno agarimosamente.