Deus respondeulle: —"Non; Sara, a túa muller, darache un fillo, e poraslle o nome de Isaac. Con el e cos seus descendentes vindeiros establezo unha alianza, alianza perpetua.
Os anticristos saíron dos nosos, aínda que eles non eran dos nosos; se fosen dos nosos habían quedar connosco; pero non, eles saíron para deixar ver que non todos son dos nosos.
E a muller de Galaad deulle outros fillos; e fixéronse grandes os fillos da súa muller, e botaron fóra a Iefté, dicíndolle: —"non herdarás na casa de noso pai, pois es fillo doutra muller".