Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 20:9 - Biblia SEPT

9 Despois Abimélec chamou a Abraham para dicirlle: —"Que fixeches connosco? En que che faltei eu, para botares enriba de min e do meu reino este pecado tan grande? Fixéchesme o que non se fai.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 20:9
20 Iomraidhean Croise  

Entón chamou o faraón a Abram para lle dicir: —"Que fixeches comigo? Por que non me aclaraches que era a túa muller?


Que buscabas ó faceres isto?"


Abimélec ergueuse cedo, chamou a toda a súa xente e contoulles o que pasaba. Todos colleron moito medo.


Abimélec replicou: —"Por que nos fixeches isto? Se chega a deitarse alguén coa túa muller, faríasnos reos dun delito".


Pola mañá decatouse Xacob de que era Lea, e díxolle a Labán: —"Que é isto que me fixeches? Non te servira por Raquel? Por que me enganaches?"


Os fillos de Xacob volvían entón do monte e oíron o feito. Doéronse e alporizáronse moitísimo de que unha infamia así se cometese contra Israel. Hai cousas que non se fan, como a de violar a filla de Xacob.


O cabo de tres meses dixéronlle a Xudá: —"A túa nora Tamar prostituíuse e quedou embarazada". Dixo Xudá: —"Sacádea fóra e queimádea".


Ninguén está nesta casa por enriba de min, e o meu amo non se reservou cousa ningunha, fóra de ti mesma, súa muller. Como podería eu cometer un crime semellante, e pecar contra Deus?"


David enfadouse moito con aquel home e díxolle a Natán: —"Pola vida do Señor, quen fixo iso merece a morte.


Pero ela díxolle: —"Non, meu irmán; non me obrigues. Iso non se fai en Israel; non cometas esa infamia.


Moisés díxolle a Aharón: —"Que che fixo este pobo, para que deixases caer enriba del un pecado tan grave?"


O Señor castigou ó pobo, por veneraren o becerro que lles fixo Aharón.


Quen extravía ós xustos por mal camiño, caerá na súa propia cova, mais os íntegros herdarán a felicidade.


O home que cometa adulterio coa muller doutro, morrerá sen remedio, tanto el coma ela.


Pois Deus non fai acepción de persoas:


Cómpre facelos calar, porque perverten familias enteiras, ensinando o que non deben, nada máis que por gañaren cartos.


O matrimonio é merecente de todos os respectos e o leito matrimonial ten que ser inmaculado, xa que Deus ha condenar os desvergonzados e adúlteros.


E dixo Xosué: "Como nos angustiaches dese xeito? Pois que o Señor te desgracie hoxe a ti!" E todos os israelitas apedrárono, e queimáronos na fogueira, e amorearon pedras enriba deles,


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan