Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 20:7 - Biblia SEPT

7 Agora vólvelle a muller a seu home que é profeta, e el pregará por ti para que vivas. Pero se non lla volves, ten por certo que morrerás, ti e todos os teus".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 20:7
42 Iomraidhean Croise  

Vírona tamén os cortesáns e gabáronlla ó faraón, de xeito que a muller foi levada ó pazo.


Mais o Señor inflixiulles ó faraón e á súa corte grandes pragas, por causa de Sarai, muller de Abram.


pero da árbore do coñecemento do ben e do mal non comerás, pois en canto comas dela de certo morrerás".


pois Deus pechara todo útero na familia de Abimélec, por causa de Sara, muller de Abraham.


Pero Deus aparecéuselle de noite nun soño a Abimélec e ameazouno: —"Vas morrer por causa da muller que tomaches, pois ten home".


Abimélec ergueuse cedo, chamou a toda a súa xente e contoulles o que pasaba. Todos colleron moito medo.


—"Escóitanos, señor: ti es para nós un príncipe de Deus. Enterra a túa finada no mellor dos nosos sepulcros. Ninguén de entre nós che negaría o seu sepulcro para que a enterres nel".


Vendo David como o anxo mataba a xente do pobo, díxolle ó Señor: —"Mira que son eu o que pecou; eu teño a culpa. Pero este rabaño que culpa ten? Descarga a túa man sobre min e sobre a miña familia".


O rei pediulle ó home de Deus: —"Aplaca ó Señor, teu Deus, e rézalle por min, para que sande a miña man". O home de Deus aplacou ó Señor, e a man do rei volveu a ter movemento e quedou coma antes.


Naamán enfadouse, e marchábase, dicindo: —"Eu pensei que sairía el mesmo ó meu encontro, que se poría a invocar o nome do Señor, seu Deus, que pasaría logo a súa man sobre a parte doente e que con iso me libraría da miña enfermidade.


Non toquedes os meus unxidos, non fagades mal ós meus profetas.


Gran número de persoas, na súa maioría de Efraím, Menaxés, Isacar e Zebulón, non observaron o prescrito e comeron a Pascua sen se purificaren. Pero Ezequías intercedeu por eles dicindo: —"O Señor, que é bo, perdoe a todos os que serven de corazón a Iavé,


A El, que cos principais non ten favoritismo, que non se pon da parte do podente contra o pobre, pois todos eles son obra das súas mans.


Collede logo sete vacas e sete carneiros e ide onda o meu servo Xob, para que os ofreza por vós en holocausto; e que o meu servo Xob pregue por vós, para que eu vos sexa propicio e non faga convosco un escarmento, porque non falastes de min o que era debido coma fixo o meu servo Xob.


O segredo do Señor é para os que o temen, e instrúeos coa súa alianza.


O sogro aconselloulle: —"Non está ben o que fas.


El falará por ti ó pobo. Será o teu voceiro e ti serás para el coma Deus.


O Señor díxolle a Moisés: —"Voute pór no lugar de Deus para o faraón, e teu irmán Aharón será o teu profeta.


E o Señor díxome a min: —Non intercedas por este pobo para o seu ben,


Díxome o Señor: Aínda que Moisés e Samuel intercedesen ante min, eu non estaría por este pobo. Bótaos fóra da miña presenza, que se vaian.


Se eles son profetas, se a palabra do Señor está da súa parte, que intercedan ante o Señor dos Exércitos para que non vaia a Babilonia o resto dos utensilios que quedaron no templo do Señor, no palacio do rei e en Xerusalén.


Se eu lle digo ó malvado "vas morrer", e ti non o avisas isto é, non falas avisando ó malvado de que deixe o seu ruín comportamento, para que el viva, el, sendo malvado, morrerá por culpa da súa iniquidade; pero a ti pedireiche contas do seu sangue.


Cando eu lle diga ó malvado: "Malvado, vas morrer", se ti non lle falas para avisalo do seu destino, el, o malvado, morrerá pola súa culpa; pero a ti pediránseche contas do seu sangue.


Espirá a roupa que leva, e vestirá outra; despois levará as cinsas fóra do campamento a un lugar puro.


Este é o regulamento da oblación: Os fillos de Aharón presentarana no altar diante do Señor.


Simón respondeu: Rezade vós por min ó Señor, para que non me acaia nada do que acabades de dicir.


Quen fala co don de linguas edifícase a si, pero quen profetiza edifica a comunidade.


En moitas ocasións e de moitos xeitos veulles falando Deus en tempos pasados ós nosos devanceiros por medio dos profetas.


O matrimonio é merecente de todos os respectos e o leito matrimonial ten que ser inmaculado, xa que Deus ha condenar os desvergonzados e adúlteros.


Se alguén ve que o seu irmán peca con pecados que non levan á morte, que rece por el e Deus daralle a vida. Refírome ós que cometeron pecados que non levan á morte. Porque hai un pecado que leva á morte; e non é por este polo que eu digo que se rece.


díxolle a este: —"Pídelle ó Señor, o teu Deus, para que estes teus servos non morramos, pois ós pecados que xa tiñamos, engadimos agora a maldade de pedir un rei".


En canto a min, líbreme Deus do pecado de deixar de pregar por vós e de mostrarvos o bo camiño.


Samuel mandoulles entón: —"Reunide en Mispah a todo Israel e pregareille ó Señor por vós".


E dixéronlle a Samuel: —"Roga, sen descanso, por nós ó Señor, noso Deus; que nos libre el da man dos filisteos".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan