Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 20:6 - Biblia SEPT

6 Deus díxolle en soños: —"Sei que o fixeches con recta intención. Por iso eu gardeite de que pecases, non deixei que a tocases.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 20:6
22 Iomraidhean Croise  

pois Deus pechara todo útero na familia de Abimélec, por causa de Sara, muller de Abraham.


Abimélec advertiu a toda a súa xente: —"Se alguén lle toca a este home ou á súa muller, será reo de morte".


Soamente da árbore de alá no fondo nos mandou Deus: Non comades dela nin a toquedes, non sexa que morrades".


Aquela noite Deus aparecéraselle en soños a Labán para dicirlle: —"Ten coidado co que lle fas a Xacob".


Voso pai tratou de me enganar, mudándome dez veces a soldada. Pero Deus non lle permitiu facerme dano.


En canto se puxeron de camiño, un medo de Deus invadiu todas as vilas do arredor, de xeito que ninguén perseguiu ós fillos de Xacob.


Ninguén está nesta casa por enriba de min, e o meu amo non se reservou cousa ningunha, fóra de ti mesma, súa muller. Como podería eu cometer un crime semellante, e pecar contra Deus?"


lávame ben da miña iniquidade, límpame da miña culpa.


Pero o meu pobo non escoitou a miña voz, Israel non quixo nada de min.


Un día nos teus adros vale por máis de mil: eu prefiro o limiar da casa do meu Deus que habitar na tenda dos malvados.


Cando eu bote as nacións de diante ti e anchee as túas fronteiras, ninguén cobizará a túa terra, namentres sobes visitar o Señor o teu Deus, as tres veces no ano.


Coma as canles da auga, a mente do rei está na man do Señor, el víraa para onde quere.


Pois tal acontece co que se achega á muller do veciño; quen a toque non quedará indemne.


—"Manda a Aharón e a seus fillos: Este é o regulamento do holocausto: a vítima arderá no lume do altar toda a noite, ata a mañá, mentres o lume do altar se mantén aceso.


Mentres estaba sentado no tribunal, a súa muller mandoulle a dicir: Deixa en paz a ese xusto, que hoxe sufrín moito en soños por cousa del.


E agora falemos do que me escribistes. Ben lle está ó home non tocar muller;


Por iso di o Señor: saíde do medio desa xente, afastádevos, non toquedes o que é impuro, e eu acollereivos.


E por iso mándalles Deus unha forza enganadora, para que crean na falsidade,


Pois a misteriosa iniquidade xa está actuando; só cómpre que lle quiten do medio a quen a detén.


Agora, meu señor, polo Señor e pola túa vida! O Señor impediu que chegases a verter sangue e que colleses a xustiza pola man. Que se vexan coma Nabal os teus inimigos e os que tentan facerche mal.


pois, pola vida do Señor, Deus de Israel, que me impediu facerche mal, que se non viñeses con tanta présa ó meu encontro, non lle quedaría a Nabal un só home ó lumbrigar do día".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan