Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 20:5 - Biblia SEPT

5 Non me dixo el que ela era súa irmá, e ela que el era seu irmán? Con intención sincera e mans limpas fixen isto".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 20:5
21 Iomraidhean Croise  

Dilles que es miña irmá, para que por mor de ti me traten a min ben e grazas a ti salve a vida".


Cando Deus me levou lonxe da casa de meus pais, díxenlle así: Vasme facer este favor: en calquera lugar a onde cheguemos, di que eu son teu irmán".


E a Sara díxolle: —"Ves que lle dei mil moedas de prata a teu irmán. Será o veo dos teus ollos diante de todos os teus. Quedas xustificada".


En canto a ti, se camiñas na miña presenza, como fixo teu pai David, con recto e sinxelo corazón, facendo o que che mando, gardando as miñas normas e as miñas decisións,


—"Ai, Señor, tenme en conta que sempre andei con sinceridade e integridade diante de ti, e que fixen o que é debido ós teus ollos". E rompeu a chorar, desfeito en bágoas.


Eu sei, meu Deus, que ti espreitas o corazón e que amas a rectitude; por iso fíxenche todas as miñas ofrendas voluntarias na rectitude do meu corazón, e vexo agora con ledicia que todo o teu pobo, que está aquí, che ofrece voluntariamente os seus dons.


Estou limpo e sen delito, son inocente e non teño pecado,


O que ten as mans limpas e puro o corazón, o que non pon a mente en cousas vas e non xura nunca en falso.


A inocencia e a rectitude hanme protexer: a miña esperanza está en ti.


Purifico, Señor, as miñas mans e dou voltas arredor do teu altar,


Que te rodee a asemblea das nacións, e ti pon o asento enriba dela.


O Señor xulga os pobos: xúlgame, Señor, conforme á miña xustiza, ten en conta a miña inocencia.


Entón, para nada gardo eu limpo o corazón e manteño puras as mans.


Alindouno con recto corazón, dirixiuno con man intelixente.


A integridade guía ós rectos, a falsidade destrúe ós traidores.


O xusto procede integramente; Benia os fillos que o sucedan!


O noso orgullo é o testemuño da nosa conciencia, de nos comportar no mundo e non digamos convosco, coa santidade e transparencia de Deus, non con sabedoría humana senón por graza de Deus.


Vós sodes testemuñas, e Deus tamén, de que nos comportamos convosco, os crentes, de xeito correcto, honrado e sen tacha.


A min que fora un blasfemo, perseguidor e inxuriador. Pero compadeceuse, porque eu obrei, por ignorancia, sen ter aínda fe;


—"El, Elohim, Iavé; El, Elohim, Iavé: El ben o sabe, e Israel hao saber. Se foi por rebelión ou por deslealdade ó Señor, que non pasemos de hoxe,


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan